“A escola, lugar para a coeducación: educando en igualdade”
Escrito por pardela, o 8 Xaneiro 2010 11:20
A coeducación trata de recoñecernos na diferencia, e tratarnos en igualdade.
Na escola transmitimos unha serie de coñecementos, de valores, de actitudes a tódalas crianzas. Tentamos que teñan a posibilidade de potenciar aqueles valores, aquelas actitudes, aqueles coñecementos, que posibiliten o seu desenvolvemento integral como persoas.
A escola contribúe nos procesos de socialización das crianzas, evitando os estereotipos que a sociedade nos marca, enriquecendo a súa visión do mundo, nunca poñendo límites ás aprendizaxes.
A vosa impricación é fundamental, educar para a igualdade non se acada de xeito automática, por iso é necesario que colaboredes connosco dende a casa na acción coeducativa. Vós, desempeñades un papel fundamental para facer efectiva a igualdade de oportunidades.
Debemos traballar pola coherencia e reforzamento mutuo dos valores e exemplos que desenvolvemos en ambos espazos de socialización, a escola e o fogar.
….E tendo sempre presente, que as diferencias nunca deben impricar desigualdades.
Olla esta páxina