“A escola, lugar para a coeducación: educando en igualdade”

A coeducación trata de recoñecernos na diferencia, e tratarnos en igualdade.

Na escola transmitimos unha serie de coñecementos, de valores, de actitudes a tódalas crianzas. Tentamos que teñan a posibilidade de potenciar aqueles valores, aquelas actitudes, aqueles coñecementos, que posibiliten o seu desenvolvemento integral como persoas.

A escola contribúe nos procesos de socialización das crianzas, evitando os estereotipos que a sociedade nos marca, enriquecendo a súa visión do mundo, nunca poñendo límites ás aprendizaxes.

A vosa impricación é fundamental, educar para a igualdade non se acada de xeito automática, por iso é necesario que colaboredes connosco dende a casa na acción coeducativa. Vós, desempeñades un papel fundamental para facer efectiva a igualdade de oportunidades.

Debemos traballar pola coherencia e reforzamento mutuo dos valores e exemplos que desenvolvemos en ambos espazos de socialización, a escola e o fogar.

….E tendo sempre presente, que as diferencias nunca deben impricar desigualdades.

Olla esta páxina

10 respostas para ““A escola, lugar para a coeducación: educando en igualdade””

  1. http://escolasinfantis.net/blogue_persoal/nuria_erra/2009/04/05/contamos-coa-coeducacion/ Di:

    Parabéns pola aportación, a coeducación é uns dos temas transversais máis importantes, polas consecuencias que este tema pode ter na sociedade. Dende a perspectiva educativa podemos e debemos facer o posible por transmitir igualdade por tódolos poros das escolas.

    Bicos e grazas por compartir

  2. equipo educativo Di:

    Un/unha ás veces, tenta compartir, tenta aportar, tenta transmitir… pero para iso, “no outro lado” , que é “o mesmo lado”… ten que haber alguén disposto a escoitar, disposto a ver, alguén que desexe tamén aportar, que tamén desexe compartir, que tamén desexe transmitir…. por iso GRAZAS e moitos bicos Nuria.

  3. Amalia Di:

    Moi bonito o conto da Pardela. Creo que é moi importante educar na igualdade porque todavía na sociedade existen moitos prexuicios e está nas nosas mans evitalos e educar a nenos e nenas como persoas para conseguir que todos sexan iguais. Un saúdo e gracias polo voso traballo e por contribuir a educación dos nosos fillos.

  4. equipo educativo Di:

    Como dicíamos nas reflexións que acompañan ao conto, é importante, que dende a escola e convosco, traballemos todos e todas xuntos para buscar a coherencia e reforzamento mutuo dos valores, das actitudes, dos exemplos que desenvolvemos en ambos espazos de socialización (a escola, e o fogar).

    Tendo sempre presente, como xa dixemos en máis dunha ocasión, que “As DIFERENCIAS NON DEBEN IMPRICAR DESIGUALDADES”.

    GRACIAS, a ti tamén Amalia, xa que as familias sodes parte fundamental do noso traballo.

  5. unha titora Di:

    Penso que con este conto e esta información estase a plantar a semente para que no futuro os nenos/as de agora, que logo serán homes e mulleres convivan con respecto, tolerancia e aceptándose uns aos outros tal cal son.
    Gustame moito este traballo e dou a miña máis sinceira noraboa e as grazas, pois é unha contribución realmente positiva para a educación das nosas crianzas e para poder aportar o noso graniño de area para unha futura sociedade máis xusta, sen desigualdades e en resumo máis feliz.
    ¡Parabéns!

  6. equipo educativo Di:

    Que plantemos sementes imprica traballo, imprica intencionalidade.Dende a escola co noso traballo, xunto coas familias, buscamos o desenvolvemento integral das crianzas, enriquecer a súa visión do mundo. A coeducación é unha semente fundamental para esa medra que ti nos comentas.
    Gracias pola reflexión, xa que como lle comentaba a Nuria, é importante saber que hai alguén tamén disposto a “sementar”.

  7. Pepe Di:

    Moitas gracias polo conto e polas reflexións. Axúdanos moito.
    Comparto totalmente todo o dito, pero solo quería engadir unha pequena aportación.
    Eu teño un neno e unha nena (Pedro e Candela). Si ben é certo que os comportamentos non dependen solo da herencia ou da bioloxía, penso que hai que ter en conta que tampouco somos solo educación. Tamén “somos” bioloxía. Eu observo diferencias entre os meu cativos, e algunhas delas se aproximan ós roles clásicos de nenos e nenas (a Pedro lle gustan máis as actividades físicas, e Candela e que de xogar máis tempo en xogos que non requiren actividade física). Nunca saberei si son debidas á bioloxía ou a aprendizaxe.
    Creo que hai que educador na igualdade, e como decides, sempre é a crianza a que debe elixir, ninguén debe impoñer…
    Bicos, e gracias de novo
    (Ves Loli, cumplín co dito :) )

  8. equipo educativo Di:

    Grazas pola túa aportación Pepe, estou plenamente dacordo contigo. No comportamento, na conducta, non existe só un factor determinante.
    Se priorizamos a importancia do ambente, se a educación fora determinante ¿Como poderíamos explicar que dúas crianzas educadas de “igual” xeito actúen de forma diferente?

    Cada un/unha percibe a información interpretándoa de xeito diferente, a forma de atender aos estímulos que lles chegan varía dunha crianza a outra, a súa motivación, a forma de aprender, os seus gustos tamén varían.

    Pero esas diferencias son debidas, a que non hai dúas crianzas iguais independientemente do sexo que teñan.

    A interacción entre o ambiente e a forma de ser de cada un/unha (tamén somos bioloxía… como ti ben comentas) pode explicar mellor o noso comportamento.

    Sobre a nosa herdanza pouco podemos facer… pero sobre o ambiente, coa educación sí podemos facer algo… e está nas nosas mans facelo.

    Pretendemos por iso dende aquí coa vosa axuda, abrir o círculo. Ampliar a súa visión do mundo, dándolles libertade para elixir…respectando as súas preferencias. Non sexamos como os paxaros do conto!

    Se así o facemos, estaremos a respectar á crianza.

    GRAZAS Pepe por facerme reflexionar tamén a min.

    Bicos a Pedro, acabo de ver a Candela “operando” a Alejandra no patio!

  9. Paula Di:

    Moi bo traballo, seguide así

  10. equipo educativo Di:

    Onte que foi o día da muller traballadora, unha reflexión: “educar en igualdade, non se acada dun xeito automático, nin pola celebración puntual dun día sinalado no calendario, nin polo traballo que dende a escola fixemos….

    O traballo é impricación constante, e rematar e volver a comezar..

    Por iso, Gracias Paula, xa que como dís tentaremos SEGUIR así….

Deixa un comentario