A escola, lugar para a educación ambiental: o noso horto, un exemplo da globalidade nas aprendizaxes.

As crianzas son axentes activos que constrúen o seu coñecemento a través do que viven, observan, manipulan e experimentan. Coa actividade no horto estamos dando oportunidade aos nenos e nenas de explorar, de experimentar. Así chegarán a comprender, a desfrutar “dese”, con “ese”, anaco de terra que tantos “misterios” garda e que tantos coñecementos nos aporta.

Olla esta páxina

10 respostas para “A escola, lugar para a educación ambiental: o noso horto, un exemplo da globalidade nas aprendizaxes.”

  1. unha titora Di:

    O HORTO! ¡Qué actividade máis rica para traballar a educación ambiental! Noraboa por fomentar nas crianzas a participación e o coidado da natureza.
    Eu tamén quero felicitar a Bea , Vero e Almudena polos valores e coñecementos que están a transmitir aos nenos/as, así como dar as grazas a Lolí por facelo chegar ata aquí e que todo este esforzo sexa coñecido e que o resto das educadoras da rede poidamos aprender, descubrir e compartir. Grazas e parabéns!

  2. equipo educativo Di:

    Aos obxectivos que ti comentas: Aprender, descobrir, compartir…..imos añadir un máis, que é resumo do que pretendemos co noso traballo coas crianzas: DESFRUTAR!!!
    grazas.

  3. bea Di:

    Grazas,Loli,polo teu traballo,pois aínda que vero máis eu, ocupamos un posto secundario no desenrrolo desta actividade,pois a protagonista do día¨é Almudena e por suposto cada neno/a,vexo na presentación igualmente todo o traballo que nos ,as titoras, estamos a realizar a diario. Agradézocho.Grazas

  4. Ana dende Soutomaior Di:

    Parabens polo voso traballo, equipo de Oleiros!!!

  5. equipo educativo Di:

    Na longa andaina que xa levamos percorrida, é importante descobrir cada día, con cada actividade, que temos a mesma ILUSIÓN, E COMROMISO, polo que facemos, no que facemos … e iso reflíctese Bea, no traballo que estades a facer coas crianzas.
    Traballo que responde á acción coordinada de todos e todas os/as que formamos parte desa comunidade de práctica compartida que é a escola. Por iso grazas a vós.
    Noraboa!

  6. equipo educativo Di:

    Sabemos da importancia de motivar ás crianzas nas súas aprendizaxes… Nós tamén estamos a sentir esa motivación que supón sabernos integrantes dunha rede que trascende a nosa escola, e que imos tecendo entre todos e todas.
    Grazas Ana dende Soutomaior!

  7. irene Di:

    Es maravilloso contemplar las caras de los niños y el interés que manifiestan. Para vosostros imagino que será muy gratificante.Para mi, entrañable. Gracias por vuestro trabajo

  8. equipo educativo Di:

    Traballar nesta etapa educativa, ten moitas gratificacións. Unha delas, é observar e descubrir o “efecto” que sobre as crianzas teñen as experiencias que lles estamos a plantexar …

    Como tí ben dís, só fai falla miralos, observalos, escoitalos…para sabelo.

    É importante tamén, que as familias vos emocionedes e impriquedes neses “descubrimentos” connosco. Grazas Irene por compartilo.

  9. vero Di:

    Moi bo traballo Loli,grazas por ternos en conta a Bea e mais a min,ainda q como ben di Bea,a protagonista principal e Almudenas e os nenos e nenas,pero penso que nos disfrutamos tanto ou mais que eles,a verdade e que e moi gratificante poder vivir e aprender con esta actividade

  10. equipo educativo Di:

    Cando hai un traballo en equipo, no que se comparten obxectivos comúns, que nos permiten definir estratexias de actuación e procesos de colaboración, cando non tratamos de sumar senón de construir, cando aprendemos da experiencia do outro/a e traballamos xuntos/as, cando sabemos que todos e todas dependemos de todos e todas, cando promovemos o intercambio de ideas de experiencias, cando nos sentimos parte integrante das actuacións que se realizan na escola….

    Estamos a ampriar a nosa comprensión da crianza.
    Por iso Vero, gracias a vós. Seguiremos tecendo, ampliando, fortalecendo a rede, entre TODOS/TODAS xa que compartimos as mesmas preocupacións os mesmos intereses…
    AS CRIANZAS

Deixa un comentario