Arquivos da categoría ‘PROXECTOS EN FAMILIA’

A familia e un máis: A televisión … membro “activo” na socialización das crianzas

Escrito por pardela, o 12 Maio 2010 11:22

A televisión está presente dende moi pronto na vida das crianzas,
formando parte dela, influíndo nas súas vivencias, influíndo nas súas
experiencias, influíndo na forma na que ven o mundo, na forma de
interpretalo. A televisión está a modificar o proceso clásico de
socialización dos nenos e nenas.

Animádevos a descubrilo connosco.

Premede no seguinte enlace para chegar á  páxina

Experimentamos o CAMIÑO “3ª Xornada en Festa coas Familias”

Escrito por pardela, o 24 Febreiro 2010 12:12

O camiño é unha metáfora da vida,

un lugar de encontro,

de encrucillada,

unha vía de ida e volta…”


Camiñante, hai CAMIÑO…. o estamos facendo ao andar. Hai moitos camiños nun mesmo camiño.

Vinde a descubrilo connosco.

xornada en festa

 

“1ª Xornada en Festa coas Familias”

Escrito por pardela, o 16 Novembro 2009 14:32

O pasado venres, celebramos a “Primera Xornada en Festa coas Familias”. As castañas e as cabazas,  o Magosto e o Samaín, nos ofreceron moitas posibilidades para facer, para aprender,  para coñecer, para  experimentar, para degustar, e dende logo, moitas posibilidades para desfrutar e compartir.

Esperamos que o video sexa reflexo do que vivimos ese día. Grazas familias pola vosa participación, impricación e  colaboración.

FESTA DO MAGOSTO E SAMAIN

Unha adaptación para todos e todas. Todas e todos, podemos axudar… Adaptámonos á Pardela…..

Escrito por pardela, o 10 Setembro 2009 17:45

 

 

A entrada dos nenos e nenas na escola é un paso moi importante no seu desenvolvemento. Por vez primeira, van saír do seu núcleo familiar para entrar noutro novo mundo, onde descubrirán espazos, persoas, amigos e actividades novas. Coa entrada na escola están a dar un paso de xigante no seu proceso de socialización e maduración.

 

 

 A adaptación é un proceso que ten unhos protagonistas fundamentais ….AS CRIANZAS, que son as que deben  supera-los cambios que acontecen, as que teñen que ir conquistando o novo ambiente, as que van ir incorporando esta experiencia á súa medra vital. Pero non debemos esquecer   que todos e todas  temos un importante papel…..

 

Descubrídeo connosco…..

Olla esta páxina

 

A impricación das familias, imaxes da nosa medra en común.

Escrito por pardela, o 6 Setembro 2009 19:45

O plan do Centro e o Proxecto pedagóxico da nosa Escola Infantil, ten entre outras fundamentacións a participación familiar, e a presencia das familias na escola. O desenvolvemento do labor educativo é responsabilidade de todos/as: familias, educadores/as,….

A escola necesita da vosa colaboración, da vosa impricación e da vosa participación. A crianza necesita de vós, pero nós, tamén vos necesitamos.

É importante que a crianza sinta que a escola é un punto de encontro, que non hai rupturas, senón colaboración. A participación das familias é un medio para aproximar a cultura escolar á cultura familiar.

Esta ponte de colaboración familia-escola é un sinal inequívoca de que existe unha liña común de actuación e polo tanto, a coherencia precisa para acadar logros dende unha perspectiva de confianza e seguridade, que sin dúbida beneficiará ás crianzas. A colaboración que se estableza, debe tender a converter estes dous escenarios en comunidades de práctica compartida.

É importante que a crianza sinta a súa familia na escola.

Para iso, temos que ofrecerlles a posibilidade de que se animen a integrarse na súa vida e a vivila connosco.

Que as familias, medren conosco e coas crianzas, e nós medremos tamén con elas.

Olla esta páxina

proxecto: os contos da pardeluca

Escrito por pardela, o 10 Xuño 2009 18:12

educar é un labor conxunto, polo que os proxectos na galescola e na casa son elemento indispensable do día a día; o obxectivo: crear novas pontes, compartir novas experiencias, sentir que todos e todas somos importantes na aprendizaxe dos pequenos e pequenas. Nesta busca xorden ideas como a que vos presentamos a continuación, ás que lles poñemos un nome, e que tamén, coma nós, teñen un nacemento, unha medra,… aliméntanse…

Así nace: a pardeluca,… da que poderedes disfrutar as crianzas e as familias desde casa. ¿animádesvos a entrar? faino a través da nosa páxina os contos da pardeluca e cóntanos que tal!!

paroladas ponse en camiño

Escrito por pardela, o 5 Xaneiro 2009 13:20

Alegrámonos de que paroladas e ruxerruxes, un proxecto en familia, bote a andar coas primeiras paroladas que vós, pais e nais, nos contades. Animádevos a seguir construíndo algo que facemos entre todos.

PAROLADAS E RUXERRUXES

Escrito por pardela, o 2 Decembro 2008 19:06

Comezamos hoxe un proxecto en familia no que vos animamos, papás e mamás, a participar, axudándonos a coñecer un pouco mellor aos máis pequenos e pequenas da casa.

Grazas, coma sempre pola vosa constante colaboración.

Se estás interesado ou interesada diríxete á nosa páxina de Paroladas.