Arquivos da categoría ‘Temas transversais’

A escola, lugar para a educación ambiental: o noso horto, un exemplo da globalidade nas aprendizaxes.

Escrito por pardela, o 4 Febreiro 2010 16:50

As crianzas son axentes activos que constrúen o seu coñecemento a través do que viven, observan, manipulan e experimentan. Coa actividade no horto estamos dando oportunidade aos nenos e nenas de explorar, de experimentar. Así chegarán a comprender, a desfrutar “dese”, con “ese”, anaco de terra que tantos “misterios” garda e que tantos coñecementos nos aporta.

Olla esta páxina

“A escola, lugar para a coeducación: educando en igualdade”

Escrito por pardela, o 8 Xaneiro 2010 11:20

A coeducación trata de recoñecernos na diferencia, e tratarnos en igualdade.

Na escola transmitimos unha serie de coñecementos, de valores, de actitudes a tódalas crianzas. Tentamos que teñan a posibilidade de potenciar aqueles valores, aquelas actitudes, aqueles coñecementos, que posibiliten o seu desenvolvemento integral como persoas.

A escola contribúe nos procesos de socialización das crianzas, evitando os estereotipos que a sociedade nos marca, enriquecendo a súa visión do mundo, nunca poñendo límites ás aprendizaxes.

A vosa impricación é fundamental, educar para a igualdade non se acada de xeito automática, por iso é necesario que colaboredes connosco dende a casa na acción coeducativa. Vós, desempeñades un papel fundamental para facer efectiva a igualdade de oportunidades.

Debemos traballar pola coherencia e reforzamento mutuo dos valores e exemplos que desenvolvemos en ambos espazos de socialización, a escola e o fogar.

….E tendo sempre presente, que as diferencias nunca deben impricar desigualdades.

Olla esta páxina