Escrito por pardela, o 2 Febreiro 2009 18:12
Vivir, sentir e compartir a paz é un obxectivo a plantexarnos cada día cos e coas que nos rodean. Aprendendo a descubrir aos demáis, descubrímonos tamén a nós mesmos.
Ollade a nosa primeira páxina “Chiscaollos.”
Etiquetas: CHISCAOLLOS
Publicado en Sen clasificar | Non hai comentarios »
Escrito por pardela, o 29 Xaneiro 2009 16:44
….Mentres sigamos a falar de diferenzas, non nos estaremos centrando no realmente importante AS CRIANZAS e a capacidade de diversificar a nosa resposta dacordo con elas.
redellos-iguais-nas-diferenzas2
Etiquetas: reflexións para compartir
Publicado en Sen clasificar | 4 Comentarios »
Escrito por pardela, o 14 Xaneiro 2009 18:30
Seguimos a tecer a rede cunha nova reflexión para compartir: a importancia do movemento no descubrimento do contorno… o gateo.
redellos-gateo
Etiquetas: reflexións para compartir
Publicado en Sen clasificar | 4 Comentarios »
Escrito por pardela, o 5 Xaneiro 2009 13:20
Alegrámonos de que paroladas e ruxerruxes, un proxecto en familia, bote a andar coas primeiras paroladas que vós, pais e nais, nos contades. Animádevos a seguir construíndo algo que facemos entre todos.
Etiquetas: paroladas
Publicado en PROXECTOS EN FAMILIA | Non hai comentarios »
Escrito por pardela, o 23 Decembro 2008 18:15
Un dos obxectivos educativos que caracterizan unha pedagoxía aberta e participativa, apunta cara a colaboración e impricación na programación e posta en marcha de proxectos, para a formación e o debate en aspectos que directa ou indirectamente afectan ao desenvolvemento das crianzas. Dende a nosa Escola Infantil poñemos en marcha un novo armaxe, nun proxecto no que estamos todos impricados. O faremos entre todos, construíndo “REDELLOS”, tecendo arames….
Preme aquí redellos-o-xogo
Etiquetas: reflexións para compartir
Publicado en Sen clasificar | Non hai comentarios »
Escrito por pardela, o 18 Decembro 2008 18:22
amigos e amigas.. desexámosvos.. un feliz aninovo!! e os nosos mellores desexos para este camiño que percorremos xuntos.. felicidade para todos!!
preme aquí para ver a nosa tarxeta para vós pardela-aninovo
Etiquetas: FELICITACIÓNS
Publicado en Sen clasificar | 3 Comentarios »
Escrito por pardela, o 2 Decembro 2008 19:06
Comezamos hoxe un proxecto en familia no que vos animamos, papás e mamás, a participar, axudándonos a coñecer un pouco mellor aos máis pequenos e pequenas da casa.
Grazas, coma sempre pola vosa constante colaboración.
Se estás interesado ou interesada diríxete á nosa páxina de Paroladas.
Etiquetas: paroladas
Publicado en PROXECTOS EN FAMILIA, Sen clasificar | Non hai comentarios »

Escrito por pardela, o 25 Novembro 2008 17:32
atendendo ás vosas suxestións imos alimentar como é debido o noso blogue…;poñemos á vosa disposición unha nova páxina na que atoparedes os menús.
Comezamos con novembro-decembro…bo proveito!!

Publicado en Sen clasificar | 3 Comentarios »
Escrito por pardela, o 21 Novembro 2008 21:10
Ollade a nosa páxina “o outono”
Expresamos o noso especial agradecemento a aqueles que co seu esforzo contribuíron a que esta sexa unha experiencia para compartir na rede: Dolo (nai de Roi) e Rubén (do equipo de Escola Infantils).
Publicado en Sen clasificar | Non hai comentarios »
Escrito por pardela, o 18 Novembro 2008 19:52
Abrides hoxe, para nós, unha nova porta, na que damos os nosos primeiros pasos, abraiadas, deste inmenso mundo que é a rede; rede para explorar, para compartir, para crear, para aprender e para desfrutar.
Como todo no que nos iniciamos.. un desexo:
“xuntar o noso esforzo ao voso para facer do que facemos un obxectivo común“
Como todo no que nos iniciamos… un agradecemento:
“estar aquí convosco facendo do que facemos unha oportunidade única“
grazas
Publicado en Sen clasificar | 4 Comentarios »