PAROLADAS E RUXERRUXES. UN PROXECTO EN FAMILIA
Iniciamos un novo proxecto no que as familias tedes un papel fundamental e as crianzas son os protagonistas. Chámase paroladas e ruxerruxes e o seu obxectivo é, coa vosa axuda, elaborar un libro moi especial para o blogue da Escola Infantil con anécdotas dos vosos pequenos e pequenas:
cousas divertidas que dín, cousas interesantes que fan, recollidas por vós no transcorrer cotiá da vida familiar.
¿Que tedes que facer para que o voso fillo ou filla teña unha páxina neste libro?
Tomades nota destas anécdotas, e nolas pasades por e-mail ao correo da Pardela (apardela@telefonica.net) xunto a unha foto do neno/a; despois nós metémola nunha páxina co nome do voso fillo ou filla no libro “PAROLADAS E RUXERRUXES”.
Animádevos a participar para que desfrutemos todos xuntos das inquedanzas dos máis pequenos.
Preme no seguinte título para botar unha ollada ao libro.