SENTIMOS AS FROITAS
Hoxe as crianzas das aulas das Cereixas, Mazás e Pexegos uníronse para realizar unha actividade preparada por Vanessa, unha das educadoras en prácticas que estes meses están con nós.

Foi unha actividade moi disfrutada polos nenos e nenas xa que a parte de coñecer as froitas con todos os sentidos (tacto, olfato, vista e gusto) poideron encher os seus pequenos estómagos.
As froitas traballadas seguiron a orde das aulas da Escola Infantil:
- Amorodos

- Ananás

- Peras

- Cereixas

- Mazás

- Pexegos

Unha vez que as tocaron, cheiraron e degustaron chegou a hora do gran xogo. Cos ollos vendados debían adiviñar que froita estaban probando; foi todo un éxito.

Para finalizar a actividade decoraron un debuxo con todas as froitas traballadas.

Esta entrada publicouse , o Mércores, 24 de Xuño de 2009 ás 12:55 horas e esta guardada baixo Xuño. Podes seguir as respostas a esta entrada a través da fonte RSS 2.0.
Podes deixar un comentario ou enviar un trackback desde o teu propio sitio.