FESTA FIN DE CURSO 3ª PARTE

Despois desta gran mostra de talentos dos nosos pequenos e pequenas artistas, chegou o momento da GRADUACIÓN DA 1ª PROMOCIÓN DA GALESCOLA DE BARROCAS!!!No seguinte video podedes observar aos protagonistas deste acto.

VIDEO DA GRADUACION

Para despedirnos das familias fíxose lectura dunha carta moi emotiva que fixo chorar a máis dun e dunha…

Logo de tanta emoción chegou un momento moi divertido a cargo de Vanessa e Mila, quenes nos escenificaron o conto “Unha Eiruga moi Larpeira”.

VIDEO DO CONTO

Cando algúns pensaban que isto xa estaba rematado chegou a sorpresa final, a hora da participación das familias nos que de seguro van ser os xogos máis populares da nosa galescola.

VIDEO 1º XOGO

VIDEO 2º XOGO

VIDEO 3º XOGO

Esta festa non sería posible sen a colaboración do Concello de Ourense, que nos facilitou o palco e o equipo de son; tamén temos que agradecer a colaboración desinteresada de Álvaro, o acordeonista. Peo o agradecemento máis grande e sincero é para todas as familias.

¡¡¡GRAZAS A TODOS E TODAS!!!!

10 respostas para “FESTA FIN DE CURSO 3ª PARTE”

  1. Cris (nai de Sofía) Di:

    Estabamos esperando esta publicación na web con ansiedade, é moita a xente da familia que visita a web para ver o voso traballo , facédelo moi ben e ese día pasámolo xenial .Gracias

  2. Lucía (nai de Teo) Di:

    Foi divertidísimo, un día de festa para todos !!. Noraboa rapazas !!

  3. Olalla (nai de Mateo) Di:

    A miúdo volo digo pero é certo……………….sodes as mellores!!!!!!!!!!
    no podo decir outra cosa, encántame como traballades e merecedes o recoñecemento.

  4. Sonia (nai de Dani) Di:

    Toda unha festa!
    remata o curso e a andanza dos pexegos na galescola, teño que darvos mil gracias polo traballo que fixestes cos nosos nenos e polo cariño que lles dades.
    sodes estupendas, os nosos fillos teñen moita sorte.

  5. Enri (nai de Lucas) Di:

    Unha gran festa con moito traballo pola vosa parte. Moitísimas grazas por cuidar tan ben dos nosos fillos e facernos participes destes momentos.

  6. koku Di:

    Parabens a tod@s. Menuda festa. animo e seguide así

  7. unha nai Di:

    Parabéns a todo o persoal da Escola Infantil!!!!
    Síntome unha persoa con moita sorte por poder levar a meus fillos a un lugar tan entranable, aínda está por pasar un só día que me dixeran que non querían ir a escola!!!! Grazas a tod@s!!!!
    A toda esa xente que critia as Escola Infantils faceille chegar esta web!!! Grazas e permitideme unha cita:

    Galiza somos nós: a xente e maila fala,
    ¡Se buscas a Galiza, en ti tes que atopala!

  8. un pai Di:

    Moitas grazas por deixar que os nosas fillas estén en tan boas mans. Espero que para o vindeiro curso todo siga igual de ben.

  9. un pai Di:

    Moitas grazas de todo corazón, vexo que miñas fillas están tan ben coidadas que somentes me chega con ver como as recibides cada día e o ledas que corren cara as vosas mans namáis vervos.
    Sei que pasastes unha mala racha con todo o que se liou tralo troco do goberno, que se se quitan que se non se quitan…, non pensedes que os pais estabamos preocupados tamén, pero o bo é que todo parece que sigue adiante e somentes é unha pena que lle quiten o nome a o que algúns lle tiñamos tanto cariño “Escola Infantils”.
    Unha aperta!!!!!!!!

  10. luis Di:

    Parabens a tod@s. Sodes un equipo excepcional, sobre todo as mestras da aula das peras. Unha aperta as dúas

Deixa un comentario

Imaxe
Nova imaxe Actualizar imaxe