“O INVERNO TAMÉN CHEGOU A AULA DOS CARRABOUXOS”
A nosa educadora quixo que coñecésemos a estación do ano, no trimestre pasado o outono, agora toca o inverno.
Decoramos a aula con distintos elementos do inverno, choiva, neve,… e colocou unha árbore a que lle están a caer copos de neve.
Nós ainda que pequeniños quixemos colaborar nesta tarefa, e coa súa axuda, estivemos a facer un boneco de neve con algodón e de paso tamén traballamos o sentido do tacto, ainda que a experiencia de traballar co algodón non nos gustou nadiña, pegase todo nas máns!
Ollade que bonito nos quedou.

Ainda que somos pequenos, tamén somos románticos, mirade que corazón pintamos con moito amor.

En Febreiro chegou o entroido e con él puxémonos máns a obra para axudar a decorar.

E que vós parecen estas máscara? Son dignas de enmarcar!!!


Os disfraces tamén chegaron a escola, a uns gustáronnos máis ca outros.
Mirade que compadres máis guapos.

E estas comadres? Vós que opinades, estabamos guapos ou non?

Como manda a tradición para dar remate o entroido acudimos todos xuntos ao enterro da pobre sardiña.

Ola: somos Saray, Hugo e Santiago e para que non vos perdades nadiña dos nosos logros, mirade como comezamos a dar os nosos primeiros pasiños.

Esta entrada publicouse , o Domingo, 21 de Marzo de 2010 ás 18:04 horas e esta guardada baixo CURSO 2009-2010, Febreiro. Podes seguir as respostas a esta entrada a través da fonte RSS 2.0.
Podes deixar un comentario ou enviar un trackback desde o teu propio sitio.
28 de Marzo de 2010 ás 20:43
¡ como disfrutan os nenos da autonomia que lles da o camiñar soiños ! Agora tocanos as mamis , papis , profes …. correr detras de eles.