ACTIVIDADES DO MES DE XUÑO DA AULA DO CARRABOUXO
Coa chegada do verán os pequechos/as da escola decidimos facer un gran mural, igual que fixéramos coas demáis estacións do ano. Nesta ocasión a profe púxonos un papel moi grande nunha parede da aula e dixo: A traballar!!, ela fixo un fondo marino e un barco super grande e nós o resto. “Ollade!!”
Fixemos un sol:

Pintamos animaliños do mar e do aire, mirade mirade!!



E este foi o resultado de tan duro traballo:

A que quedou ben bonito!!!!!!
Tamén fixemos unha botellas ben coloridas, a profe deunos botellas de plástico, que primeiro estivemos a xogar con elas, aplastalas, tiralas, rodalas… e logo un día despois apareceron cheas de bolas de cores. Encantóunos!!!

Colaboramos facendo o mural da festa de fin de curso. Mirade que lindo quedou o vagón dos carrabouxos!!.

Para rematar experimentamos novas sensacións cunhas luces de cores que nos deu a nosa profe, facendo así na aula momentos de luz e de escuridade. Foi moi interesante!!.

Esta entrada publicouse , o Mércores, 28 de Xullo de 2010 ás 14:03 horas e esta guardada baixo CURSO 2009-2010, Xuño. Podes seguir as respostas a esta entrada a través da fonte RSS 2.0.
Podes deixar un comentario ou enviar un trackback desde o teu propio sitio.
3 de Agosto de 2010 ás 14:06
Que artistas temos!!, tamén as profes