Arquivo de Xaneiro de 2012

LEO E ANDRÉS: OS PROTAGONISTAS DO ANIVERSARIO

Escrito por barrocas, o 30 Xaneiro 2012 15:32

O 25 de Xaneiro na aula dos Chinos festexamos dous novos aniversarios, o de Leo que chegou con un pouco de retraso (29 de Decembro) e o de Andrés que se convertiu no maior da clase con 3 anos.

Despois dunha degustación de gusanitos fixemos o esperado posado coa torta de aniversario da escola.

Logo continuamos a festa cun taller de maquillaxe no que todos se divertiron xogando e escollendo o debuxo que querían pintar no seu pequeno rostro, tiñamos dende estrelas ata paiasos ou osos panda…

Rematamos a xornada estreando os agasallos que tanto Andrés coma Leo trouxeron para a aula.


Os mexicanos: xogo con caixas

Escrito por barrocas, o 26 Xaneiro 2012 15:03

Os nenos e nenas da aula dos mexicanos estivemos cun motón de caixas: grandes, pequenas, diferentes formas, texturas…

Pasámolo moi ben e de paso imos investigando todos estes conceptos, que pouco a pouco, iremos entendendo.

COMPARTINDO COS NOSOS MAIORES

Escrito por barrocas, o 24 Xaneiro 2012 15:02

A principios de ano fixemos unha saída moi especial, fomos visitar aos avós e avoas que van ao “cole” alí moi pretiño da nosa escola, así que nos abrigamos ben e alá fomos:

Cando chegamos, estábannos esperando ansiosos e alí lle cantamos todo o noso repertorio de panxoliñas e algunha que outra canción que todos coñecemos:

Os días anteriores á saída preparamos un bizcoito e fixemos unhas flores con cartón de ovo para levarlle uns agasallos a os nosos veciños, e gustoulles todo moítisimo…

Nos tamén recibimos un agasallo, déronnos unha bolsiña de chuches a cada un!!!

BENVIDO Á ESCOLA: MANUEL

Escrito por barrocas, o 23 Xaneiro 2012 15:26

A pasada semana incorporouse un novo compañeiro a aula dos mexicanos; e dende aquí queremos darlle a benvida á escola.

PABLO, ANXO E BRAYAN ESTIVERON DE ANIVERSARIO

Escrito por barrocas, o 23 Xaneiro 2012 15:21

Recentemente na aula dos mexicanos asistimos a un festexo moi importante pois os nosos compañeiros Pablo, Anxo e Brayan celebraron o seu primeiro aniversario.

Tivemos tempo para xogar con globos e pelotas de cores, e para repoñer forzas nada mellor que un aperitivo a base de gusanitos.

NAIA FAISE MAIOR!!!

Escrito por barrocas, o 17 Xaneiro 2012 15:28

Recentemente na aula dos inuits estivemos de celebración; a nosa compañeira Naia fixo 2 aniños.

Como ben sabedes, non pode haber festa sen comida, por iso nós decimos cociñar unhas saborosas e esponxosas magdalenas:

Mentres que agardamos a que o forno fixese o seu traballo aproveitamos para xogar cos globos:

A anfritona non se quixo esquecer dos seus compañeiros/as e agasallounos con uns vehículos para compartir xogos na aula:

PARABÉNS COMPAÑEIRA!!!

ÁRABES E INUITS DECORANDO O NADAL

Escrito por barrocas, o 17 Xaneiro 2012 15:14

Os nenos e nenas das aulas de Arabia e Groenlandia traballaron a reo para que a escola lucira ben bonita durante as festas de Nadal:

FESTA DE NADAL

Escrito por barrocas, o 16 Xaneiro 2012 23:04

Fixemos a nosa festa de Nadal, onde non faltaron as panxoliñas e o turrón de chocolate, ollade:

campanas-de-belen

la-marimorena

dulce-navidad

los-peces-en-el-rio

Os indios, os chineses e os gregos remataron o ano traballando a reo…

Escrito por barrocas, o 13 Xaneiro 2012 15:34

O mes de decembro traballamos moito xa que ademais de comezar o inverno, festexamos o Nadal e tivemos que preparar a decoración para poñer bonita a escola. Os papis e mamis tamén colaboraron axudándonos a decorar as bolas para a árbore de Nadal que nos quedou preciosa.

Ahí vos van algunhas das coisiñas que preparamos para decorar e tamén como fixemos a carta para Papá Noel:

COLOCAMOS AS BOLAS NA ÁRBORE.

 

FIXEMOS UN ABETO COAS NOSAS PROPIAS MANS

FIXEMOS UNHA POSTAL PARA FELICITAR O NADAL

PINTAMOS ESTRELAS, CAMPÁS, BOLAS… PARA DECORAR

FIXEMOS A CARTA PARA PAPA NOEL

Ademais de todo isto aprendimos un montón de panxoliñas, estade atentos que pronto publicaremos o noso primeiro éxito musical.

 

APALPADOR

Escrito por barrocas, o 11 Xaneiro 2012 15:36

Uns días antes do Nadal recibimos unha visita moi especial: O APALPADOR.

Baixou da montaña para apalparlles a barriguiñas aos nenos e nenas e ademais deulle un agasallo a cada un.

Algúns asustáronse un pouco ao ver a ese señor tan grandote, pero todos se achegaron a recibir o seu agasallo e algúns ata lle deron un bico!!!

Ollade o seu paso por México:

MEXICANOS

logo pasou por Arabia:

ÁRABES

Visitou tamén Groenlandia:

INUITS

Fixo unha parada en Grecia:

GREGOS

Despois estivo en China:

CHINESES

e máis en Canadá:

INDIOS

rematou a súa visita en Madagascar:

MALGACHES