Arquivos da categoría ‘CURSO 2008-2009’

Día da nai

Escrito por barrocas, o 22 Maio 2012 14:15

Os máis pequenos fixemos un pisapapeis para agasallar as nosas mamis nun día tan especial:

O grupo de 1-2 anos fixemos unha xaboneira moi orixinal:

E os máis maiores fixeron un cadro estilo “Picasso”, dignos de exposición:

Os/as malgaches preparamos un precioso marco de fotos:

PARABÉNS MAMIS!!!

FESTA DE DISFRACES NA AULA DOS INUITS

Escrito por barrocas, o 22 Maio 2012 13:56

O pasado mes de abril as nosas compañeiras Elisa e Claudia alcanzaron os 2 anos de idade.

Para festexar unha data tan importante os Inuits vestimos coas nosas mellores galas e asistimos a unha das mellores festas de disfraces que se lembran en todo o “polo norte”

Houbo baile, comida, risas… e agasallos, pois as nosas compañeiras quixeron agasallarnos cunhas bonitas e saborosas bolsas sorpresa.

MOITOS PARABÉNS!!!

TORTA DE AMORODOS PARA DAVID

Escrito por barrocas, o 16 Abril 2012 14:05

Fai pouco un novo compañeiro Inuit estivo de aniversario polo cal, volvémonos a meter na cociña e …… menudos reposteiros que estamos feitos!!

Despois de facer palmeiras, biscoitos, magdalenas … decidimos intentalo con algo un pouquiño máis complicado, polo que logo de preparar tódolos ingredientes necesarios puxémonos máns a masa.

Mentres uns preparaban a nata (moito tivemos que bater para que quedara ben montadiña) outros fomos mollando o biscoito en leite para que estivera ben esponxoso.

E por fin chegou o momento de montar a torta; unha capa de nata, unha de amorodos, outra de nata e así sucesivamente ata que rematamos decorando a torta con milleiros de amorodos que axudaron a que quedara ben fermosiña.



Mentras estaba no frío o noso amigo David abríu o agasallo co que sorprendeu a tódolos seus compañeiros e logo desfrutamos dun bonito momento no corredor bailando e xogando todos xuntos.



Nesta ocasión aproveitamos o momento do xantar para soprar as velas e degustar a torta que tamén quixemos compartir cos nosos compañeiros os Árabes.


¡¡¡ PARABÉNS DAVID ¡!!


RUBÉN E NICO XA TEÑEN 2 ANIÑOS

Escrito por barrocas, o 4 Abril 2012 13:55

Para celebrar o cumple de Nico e Rubén xuntámonos árabes e inuits para elaborar unhas saborosas palmeiras de hoxaldre.

O proceso é sinxelo: botar azucre no hoxaldre cunha culler; e despois de envolvelo cortámolo en anaquiños que fomos colocando na bandexa do forno.

Mentres esperábamolo resultado, Rubén abriu o agasallo que trouxo para a aula, e Nico repartiu os gusanitos cos que agasallou a os seus compañeiros/as.

E que sería dun aniversario sen o momento máxico de apagar as candeas e descubrir o que escondía a piñata. Cantas sorpresas levamos!!!

Parabéns Rubén e Nico!!!

MENÚS FEBREIRO

Escrito por barrocas, o 2 Febreiro 2012 12:37

Nas seguintes ligazóns podedes consultar os menús correspondentes ó mes de FEBREIRO.

- MENÚ PURÉS

- MENÚ XERAL

- MENÚ SEN GLUTEN

- MENÚ SEN OVO

PABLO, ANXO E BRAYAN ESTIVERON DE ANIVERSARIO

Escrito por barrocas, o 23 Xaneiro 2012 15:21

Recentemente na aula dos mexicanos asistimos a un festexo moi importante pois os nosos compañeiros Pablo, Anxo e Brayan celebraron o seu primeiro aniversario.

Tivemos tempo para xogar con globos e pelotas de cores, e para repoñer forzas nada mellor que un aperitivo a base de gusanitos.

FARIÑA NO ANIVERSARIO DE GABRIEL

Escrito por barrocas, o 22 Decembro 2011 15:40

Para festexar este día xuntámonos as aulas de 1-2 anos e convertémonos nuns simpáticos panadeiros.

Mesturamos a fariña, a auga a levadura e unha pizquiña de sal e…a amasar!

Despois de darlle forma a masa e de algunha que outra proba… chegou o resultado final uns apetecibles boliños de pan que cada neno/a compartiu coa súa familia.

Para agradecer esta celebración o homenaxeado agasallou aos seus compañeiros/as da aula cuns bloques de construccion.

¡PARABÉNS GABRIEL!!

ÁRABES E INUITS TRABALLAN EN EQUIPO

Escrito por barrocas, o 22 Decembro 2011 15:28

As aulas de Arabia e Groenlandia formaron un equipo para levar a cabo as actividadades do mes de novembro.

1. Aprendemos a recoñecer dous espazos moi comúns para nós. A casa e a escola.

Para elo manipulamos confeti e papel de seda para a súa decoración.

2. Para rematar este mural os pequenos/as árabes descubriron novas texturas á vez que traballaron a motricidade fina dando vida a unha gran árbore con dous materiais: fieltro e papel celofán.

3. Por último, coñecemos a un novo animal con moito protagonismo nestas datas: o porco.

Para elo, na aula dos árabes pintámolo con pintura de dedos rosa e cos inuits cunha saborosa salsa rosa.

O CESTO DOS TESOUROS

Escrito por barrocas, o 14 Decembro 2011 15:05

Para os máis pequenos/as é unha mina de sensacións: obxectos familiares que xeralmente, no seu día a día, non se lles permite manipular.

EXPLORANDO OS SONS

Escrito por barrocas, o 14 Decembro 2011 15:04

Aos nenos/as gústalles moito a música, pero sempre se lles da feita, por suposto básico e sinxelo, “encántalles” escoitar como eles mesmos son capaces de facer sons.