Arquivos da categoría ‘Abril’

¿DESAPARECERON AS MANCHAS DA XIRAFA?

Escrito por barrocas, o 7 Maio 2009 15:07

Pois non, os amorodos encargaronse de volverllas a poñer,¿e a que non sabedes como?con iogur de chocolate, o caso é que comian mais que pintaban, ¡quen se vai resistir a tan rico alimento!

velaqui o proceso e o resultado.

OS PEXEGOS IMOS FACER A COMPRA

Escrito por barrocas, o 6 Maio 2009 15:21

Como xa somos maiores e un pouquiño responsables as nosas profes enconmendáronnos unha tarefa moi importante ¡facer a compra para a clase!

A iso das 11 da mañá chegamos ao super e despois de coller a cesta e decidir por onde comenzar puxémonos mans á obra.

 

Percorrimos o corredoiro dos cueiros, pasamos moi preto das galletas (facíasenos a boca auga), os zumes, a charcutería, a pescadería, a froitería…

Despois de cargar a cesta toca…pasar pola caixa e pagar todo o que colleramos.

Cando xa nos iamos, a encargada do supermercado apareceunos cunha grata sorpresa ¡¡unha bolsa con gusanitos, patacas fritas e globos!!

Ao chegar á galescola xa nos avisaron que dento de pouco teríamos unha nova sorpresa para seguir traballando os oficios.

OS POLIÑOS DIN “PIO PIO PIO”

Escrito por barrocas, o 5 Maio 2009 15:33

Queridas mamás e papás:

Coa inminente visita a Fontefiz (granxa-escola) hoxe tivemos a terceira visita na galescola do mundo animal. Despois do canciño e do coello agora tocoulle o turno a uns animais de cor amarela, con plumas e un pequeno pico, ¿sabedes quenes son?

Pois si, estes poliños correron uns detrás doutros pola galescola para non perderse e así visitaron todas as aulas.

Os mái pequenos disfrutaron espachurrando, acariciando e algúns soamente mirando.

Outros incluso xogaron a facer grupos de moitos e poucos.

Pero o que realmente fixeron foi vivilo con moita ilusión.

Agora só queda esperar a que chegue o día 13 de maio para ver moitos máis…

Moitisimas gracias aos papás de Teo por esta experiencia tan bonita que vivimos gracias a vós.

ADESTRANDO PARA AS OLIMPIADAS

Escrito por barrocas, o 28 Abril 2009 14:21

Co bo tempo que está facendo en Ourense, os Pexegos decidimos levar a clase ao exterior, e para que vexades o santiños que somos, comezamos a nosa andaina facendo un tren.

 Despois de moito buscar atopamos un sitio ideal para a nosa sesión do conto.

A continuación comezamos co duro adestramento, para iso contamos coa axuda do noso amigo Pichirilo.

Eu teño un cabalo que se chama Pichirilo

Pichirilo rilo rilo Pichirilo rilorá.

Cando imos de subida Pichirilo se fatiga

Se fatiga se fatiga e o temos que empuxar.

Cando imos de baixada Pichirilo é unha bala

É unha bala é unha bala que non para de trotar.

E como este entrenamento parecíanos moi suave decidímonos a baixar e subir escaleiras para fortalecer os nosos pequenos músculos.

video dos Pexegos nas escaleiras

 Despois de tanto traballar un pouco de auga nunca vén mal.

¡¡MURAL NO CHAN!!

Escrito por barrocas, o 28 Abril 2009 14:08

Hoxe as Ananás temos unha cesta chea de ceras de cores. ¿védela?

Estamos colaborando todos nun mural horizontal.

¡Mirade como o facemos máis de preto!

Despois de estar un pouco pintando agora tocanos recoller.

¡¡¡Velaí a nosa obra!!!

EN RECORDO DOS GRANDES LITERATOS

Escrito por barrocas, o 23 Abril 2009 20:05

Para festexar este 23 de abril, Día do Libro, fixemos un homenaxe “moi ao noso xeito” aos grandes escritores Cervantes, Shakespeare e Garcilaso de la Vega.

Cada aula da Escola Infantil fixo unha actividade neste día de celebración.

Os Amorodos, con axuda das profes elaboraron un marcapáxinas personalizado.

Na aula das Ananás confeccionaron un libro que ten a cada neno/a como protagonista principal.

As Peras disfrutaron dunha mañá de contos no sofá e fixeron un préstamo moi especial ás familias, deixáronlle levar por unhos días o conto favorito das crianzas.

As cereixas uníronse á idea do marcapáxinas, ademais Bruno amenizou esta xornada relatándonos o conto dos Tres Porquiños.

As mazás distribuiron o seu tempo entre facer un marcapáxinas e unha sesión de contacontos entre os nenos e nenas.

Os Pexegos construiron o “Recordatorio Pexegueiro”, un libro viaxeiro co que sorprenderon ás familias, xunto cun marcapaxinas moi primaveral.

ESTELA E LUCAS ARRANCAN A CAMIÑAR

Escrito por barrocas, o 23 Abril 2009 16:48

¡As crianzas máis precoces da Aula dos Amorodos! xa que Estela e Lucas son os primeiros en decidirse a dar uns pasos por esa aula tan enorme…Aínda que as demáis nenas míranos con cara estrañada estamos seguras de que en pouco tempo se decidirán tamén, sobre todo cando se decaten dos múltiples beneficios que supón poder chegar a calquer sitio sen depender de ninguén.

VIDEO DOS PRIMEIROS PASOS

¡ÁNIMO E A SEGUIR CAMIÑANDO!

FACEMOS PAN

Escrito por barrocas, o 23 Abril 2009 15:35

Os Amorodos, as Ananás e as Peras, seguimos experimentando e fixemos un taller de investigación coa masa do pan. Ao principio é fría, pégase nas mans , hai que botar fariña, fixemos unhos bolos que se converteron en exquisito bocado de pan, e esto xa non estaba frío, senon quente.

Cando entraron no recuncho da arte encontráronse cunha montaña de masa.

Pero pouco a pouco empezáronse a animar.

Qué ben o pasamos.

Por fin veunos a axudar unha reposteira moi especial.

Fumos á cociña e o noso cociñeiro Rubén amosounos o pan antes de metelo ao forno.

Cando o pan xa estaba fomos a buscalo, ao final ¡qué rico estaba!

O CESTO DOS TESOUROS

Escrito por barrocas, o 22 Abril 2009 15:15

            As nenas e o neno da aula dos Amorodos experimentaron  novas sensacións e descubriron novas cousas, a través dos obxetos (algúns deles coñecidos e outros novos) que lles ofrecía o cesto dos tesouros.

            Nestas idades é fundamental que os nenos e as nenas manipulen, experimenten e descubran tantos obxetos e elementos do contorno como poidamos proporcionarlles. De ahí que toquen e chupen todo aquilo que lle deixamos ó seu alcance, de maneira que, mediante os sentidos poidan captar as características dos distintos elementos.

UN MURAL MOI PRIMAVERAL

Escrito por barrocas, o 22 Abril 2009 15:09

A aula da macedonia coa chegada da primavera púxose mans á obra para construir pouco a pouco un mural moi xeitoso.

Primeiro pintaron as abellas e caracois con ceras de cores.

Despois cunha plancha de porexpan e pintura de dedos marrón fixeron a base da árbore, e con bases redondas de cartón a copa da árbore.

Por último fixeron herba con pegadas de pés empregando pintura de dedos verde.

ESTE É O RESULTADO FINAL. ¿GÚSTAVOS?