Hoxe luns 3 de Agosto tivo lugar a Ceremonia de Apertura dos Xogos Olímpicos de Verán de Barrocás 2009. O acto tivo lugar na sala de usos múltiples da escola. Esta, engalanada para a ocasión polo comité organizador dos Xogos, acolleu tanto aos competidores como ao público, desexoso de que comezara o evento deportivo máis importante do ano en Barrocás.
A ceremonia iniciouse cos presentación dos dous equipos competidores, o Barrocás Norte e o Barrocás Sur, de seguido facemos unha pequena presentación dos membros de cada equipo.
BARROCÁS NORTE:
ELYNA:

Esta nena conta con experiencia en carreira de lonxitude, o martes deleitaranos cunha gran proba. Imaxinamos que se sae gañadora recitará unha das súas cantigas preferidas “NO PASA NADA, MAMÁ YA VIENE”
BREOGÁN:

Apaixoado das pelotas, terá a súa gran oportunidade o mércores nas dúas probas a realizar con estes obxectos. Leva un duro mes de adestramentos en Marín e Toledo, así que ven coas pilas novas e con moitas posibilidades de obter medalla.
LUCAS:

A este rapaz non hai carreira que se lle resista, aos seus 2 anos xa demostra unha gran puntería nos seus tiros e corre como unha bala. Ollo con el xa que como di o refran “é pequeno pero matón”
IARA:

Unha das sorpresas do ano, empezou o ano bastante débil pero pouco a pouco colleu moitas forzas debido aos grandes xantares que come e todo grazas a súa querida adestradora personalizada “Pile”.
BARROCÁS SUR:
LUCIA:

Debido á súa estatura, é a maior de todos e todas, parte como favorita á hora de encestar a pelota. Ademáis neste mes tivo á súa disposición a finca de seus avós para adestrar duramente.
LOIS:

Por todos é sabido que a paixón deste neno son os coches, así que se as contas non fallan, será o vencedor da carreira de coches. Para familiarizarse máis con estes vehículos Lois trae todos os días algún na mochila, ¿traeralle sorte o xoves?
CRISTAL:

Co seu espíritu de superación e a ilusión que pon en cada actividade pode ser unha dura contrincante en calquera das probas, pero a carreira de coches é a súa favorita, leva todo o ano intentando manexar todos os coches da escola, todos son “mi coche”.
ADAI:
Aínda que polo de agora non dispoñemos de foto deste neno, imos avisando que será unha das revelacións do ano. Despois dun mes de merecidas vacacións vén con máis ganas que nunca e con forzas renovadas.
Unha vez rematada a presentación de ambos equipos chegou a hora do desfile dos participantes coa Antorcha Olímpica. Entrou na sala portando o lume Lucía, por ser a maior de todos e todas, seguida dos seus compañeiros, quenes ondeaban as bandeiras dos seus equipos. De fondo o himno da nosa escola “O PIRIN PIN PIN”, no video podedes ver un anaco deste emocionante momento.
VIDEO ANTORCHA
Ao rematar o desfile, Breogán foi o encargado de declarar oficialmente inaugurados o Xogos Olímpicos de Verán de BARROCÁS 2009.
VIDEO INAUGURACION