Escrito por barrocas, o 27 Febreiro 2009 15:44
Para rematar o entroido as crianzas baixaron ó patio, despois de elaborar entre todos a sardiña con cartón e papel de periódico, para enterrala e despedir así tantos días de festa.


null
Publicado en Febreiro | 1 Comentario »
Escrito por barrocas, o 10 Febreiro 2009 17:05
Como inicio do entroido organizamos un obradoiro de comadres e compadres contando coa colaboración das famílias.
As crianzas acudiron a galescola acompañadas dos seus pais, nais ou avoas e avós.
A elaboración das comadres e compadres era algo descoñecido para moitas das familias, pero a través desta experiencia démoslles a coñecer parte da tradición do entroido ourensán, boa mostra disto foi o resultado final (podedes comprobalo nas imaxes).





Publicado en Febreiro | 1 Comentario »