Arquivos da categoría ‘Festas’

UN AGASALLO PARA MAMÁ

Escrito por barrocas, o 5 Maio 2009 14:16

O almanaque di que o 3 de maio os fillos debemos decirlle ás nosas mamás o moito que as queremos, e aínda que esperamos que elas saiban que as queremos todos os días do ano, por esta data non queríamos olvidarnos de recordarllo cun agasallo moi especial. É moi especial porque levábamos moito tempo facéndoo con toda a nosa ilusión. Ao final este foi o resultado, esperamos que vos gustase.

FESTA DO ENTROIDO

Escrito por barrocas, o 26 Febreiro 2009 20:57

Chegou o entroido a Barrocás e con él a festa. As crianzas asistiron a festa acompañadas das súas familias.

                       

 

Podédesnos ver no desfile que organizaron para nós polas rúas do barrio.

 

Á volta do desfile esperábanos unha sorpresa, o papá de Lucas contounos un conto moi divertido.

E por fin chegou a hora da merenda.