Arquivos da categoría ‘Maio’
Escrito por barrocas, o 29 Maio 2009 15:24
OOOOHHHH!¿qué é isto?, esa foi a pregunta que nos fixemos as amorodas ao ver aquela cousa branca, pero como nada nos da medo alá fomos meter a man, e que sensación máis rara, aquilo era suave, pero tamén había boliñas, era FARIÑA.

Mergulladas polo medio desta atopamos unas pedras negras que alguen metera alí.

Gozamos con esta actividade, algunhas chegamos a probar a fariña, pero a verdade é que así soa e cruda non nos fixo moita gracia, bueno minto, a Henar si ¡púxose as botas! non hai cousa que ela non probe, jejeje. Tamén nos rebozamos na fariña coma se fosemos croquetas, que ben o pasamos, temos moitas ganas de repetir.

Publicado en Maio | 1 Comentario »
Escrito por barrocas, o 28 Maio 2009 15:22
As crianzas da aula das Cereixas convertíronse en exploradores durante unha mañá para traballar a psicomotricidade grosa.
Transformamos a aula de usos múltiples nunha gran selva na que os nenos e nenas tiñan que ir atravesando diversos obstáculos.

O primeiro obstáculo era un tronco no medio do camiño e debían pasarlle por encima.

Despois subiron por unha ponte na que tiñan que ter coidado de non caer abaixo porque había un tigre bañándose no río.

Seguidamente pasaron por un túnel no que había morcegos durmindo e non podían espertalos.

Ao saír do túnel atopábanse cunha poza chea de crocodilos e tiñan que pasar rodeando a poza.

Unha vez pasada a poza chegaron a unha cova na que estaba un oso e debían pasala moi amodiño para que o oso non se enfadara.

A continuación atopáronse un barranco polo que tiñan que descender sen mancarse.

Ao chegar ao fondo do barranco observaron que había un regato e a única maneira de atravesalo era pasando por encima dun tronco que estaba sobre o río.

Para rematar saíron da selva pasando por debaixo da maleza.

“Esta actividade non sería posible sen Vanessa, unha das chicas de prácticas que temos este ano”
Publicado en Maio | Non hai comentarios »
Escrito por barrocas, o 28 Maio 2009 14:18
Como aos Pexegos encántalles estar de troula e non parar de rir todo o rato, hoxe preparamos un taller de cóxegas con eles.
Despois de preparar a aula para a ocasión, colocar diferentes materiais e deixalos libres de roupa comenzaron a sentir no seu propio corpo todo tipo de sensacións (suave, áspero, rugoso…) que producían estes novos xoguetes.
Algún que outro sufriu diferentes “ataques de risa” e algunha que outra “pel de pita” ao tocar os materiais.


Con esta actividade ademais de pasar un bo momento tamén aproveitamos para traballar as diferentes texturas e as súas sensacións.
Publicado en Maio | Non hai comentarios »
Escrito por barrocas, o 27 Maio 2009 14:53
¡¡Dende a aula das Ananás ímosvos contar unha experiencia incrible!!
Resulta que a profe deunos unha masa que parecía para facer o pan, pero non, díxonos que era arxila.
Con ela fixemos churriños boliñas…

Publicado en Maio | 1 Comentario »
Escrito por barrocas, o 27 Maio 2009 14:37
Onte pola tarde as nais e pai das aulas das Mazás e Pexegos xuntámonos na galescola co fin de pasar unha tarde entre agullas e dedais.
Despois de moitas ideas a sorpresa xa vai collendo forma polo que co resto dos detalles que iremos engadindo pouco a pouco acadaremos o noso obxectivo, ¿que será será??




Publicado en Maio | 1 Comentario »
Escrito por barrocas, o 25 Maio 2009 15:10
Enmarcado dentro das actividades da unidade didáctica adicada aos oficios hoxe visitounos a policía nacional; chegou diréctamente dende Verín.

¡AGORA XA SOMOS TODOS UNS EXPERTOS EN SEGURIDADE!!!!!!!

Moitas grazas ao papá de Dani, sen el a visita non sería posible.
Publicado en Maio | Non hai comentarios »
Escrito por barrocas, o 25 Maio 2009 14:47
O outro día as nenas e os nenos da aula dos amorodos e das ananás, fomos ao circuito de educación vial, xogar cos coches, coas motos e cos balancins. Gustounos moito, ainda que alguna e algún de nós ao principio dábanos medo, porque nunca foramos a autoescola e claro como non temos carné preocubanos que viñera a garda civil, que andivera rondando pola escola días atrás, e nos quitase os puntos antes de conseguilos, pero a verdade e que non o fixemos nada mal,fomos grandes conductoras e conductores, e quedáronos moitas ganas de repetir.

Publicado en Maio | 3 Comentarios »
Escrito por barrocas, o 21 Maio 2009 14:37
Os nenos/as da aula das Cereixas tamén nos animamos a plantar lentellas, e a ver que pasa…
Botamos as lentellas no corpo dun ourizo cacheiro de algodón.

E despois de regala varios días…

¡¡AQUÍ TENDES O RESULTADO!!: UN OURIZO CUNHAS FERMOSAS PÚAS.

Publicado en Maio | Non hai comentarios »
Escrito por barrocas, o 20 Maio 2009 15:36
Nesto dos oficios haiche moitos que parecen iguais pero non o son…Desto están seguros as crianzas de Barrocás.
¿QUEREDES SABER POR QUÉ?
Resulta que o que eles consideraban soamente policías hainos de varios tipos e hoxe tocoulle á Policia Local de Ourense.
Viñeron acompañados dun furgón e dunha moto.


Como a moto xa a coñecían un pouquiño da visita da Garda Civil nesta xornada interesáronse máis polo coche, descubríronlle todos os recunchos posibles.

¡canto desfrutaron as crianzas sendo por un día os policías da nosa cidade!

Algúns dos maiores ata fixeron de conductores levando aos máis pequenos na moto e no furgón de Atestados.

Nesta ocasión témoslles que dar as grazas ao avó de Iara e á mamá de Miguel pola súa participación e entrega.

Publicado en Maio | 1 Comentario »