Arquivos da categoría ‘Marzo’
Escrito por barrocas, o 22 Maio 2012 14:15
PARABÉNS MAMIS!!!
O PRIMEIRO ANIVERSARIO DOS INUITS!!!
Escrito por barrocas, o 5 Outubro 2011 14:08
Fai aínda uns días que comezamos o curso na aula dos inuits e xa estamos de celebración, e non un festexo calquera, se non que se estaba a tratar do 3º aniversario da nosa compañeira Sabela, a cal quixo desfrutar rodeada de tódolos seus compañeiros/as dun día tan especial.
Para tal ocasión enchemos a aula de instrumentos e fixémonos pasar por uns grandes músicos dunha fantástica banda, onde non faltaban nin as padeiretas, axóuxeres, maracas, caixas…. E ata unha trompeta!!!
Despois do primeiro pase entrounos a fame e nada mellor que uns apetitosos “gusanitos” e un refrescante zume de mazá, para logo continuar coa festa bailando e xogando cuns esbaradizos globos de cores.
¡¡¡ Moitísimos Parabéns Sabela !!!
O COELLIÑO BRANCO
Escrito por barrocas, o 31 Marzo 2009 14:53

Ola, son o Coelliño Branco e hoxe vouvos a contar unha nova historia a través destas imaxes, a miña visita á Escola Infantil de Barrocás.
Mirade canto disfrutei cos nenos e nenas, cos seus aloumiños e coidados.
O TURNO DO VERMELLO
Escrito por barrocas, o 30 Marzo 2009 14:44
Despois de enzoufarnos todos coa pintura amarela e de facer diferentes actividades para traballar a cor vermella decidimos facerlle unha festa a esta cor. Para iso as profes mandáronnos vir vestidos todos coloradiños para disfrutar dunha mañá na que prodominaron xoguetes desta cor, acompañados da aula das mazás e das peras os pexegos pasámolo moi ben.
A VISITA DO SEÑOR AMADEO
Escrito por barrocas, o 27 Marzo 2009 16:50
Hoxe día 26 de marzo tivemos unha visita moi ansiada, o señor Amadeo estivo na nosa galescola!!!!Preguntarédesvos quen é este señor… resulta que todos os día Amadeo sentábase nun banco preto do noso centro a tocar o acordeón, tanto os nenos coma as profes oíamolo e gustábanos moito a súa música tan popular, así que un día propuxémoslle vir a tocar para nós e hoxe tivemos ese gran privilexio todos os que estivemos en xornada de tarde. Pero como nos chegou a pouco PROMETEU VOLVER.
Aquí deixamos unha pequena mostra do ben que o fai.
pinchade aquí para ver o video

Grazas señor Amadeo pola súa música tan prezada.
Psicomotricidade ao aire libre
Escrito por barrocas, o 24 Marzo 2009 15:51
OS NOSOS PRIMEIROS PASOS
Escrito por barrocas, o 24 Marzo 2009 15:37
UNHA VISITA INESPERADA
Escrito por barrocas, o 20 Marzo 2009 13:44
Cando estábamos todos tranquilos xogando na sala de usos múltiples vimos que se abría a porta e apareceu un novo acompañeiro, pero non era un dos nenos habituais senon que era… ¡¡¡UN CAN!!! bueno, para ser máis exactos unha cadeliña.
Pero que ilusión causou entre todas as crianzas, ata lle puxeron nome porque como é tan pequeniña aínda non o tiña,agora chámase PEPITA. Ao principio Pepita estaba un pouco asustada pero con todos os mimos dos nenos e nenas foise adaptando un pouquiño máis.
Dende a galescola xa vos imos adiantando que a próxima semana outro animal nos vai visitar, ¿pero cal será? estade atentos ao blog para descubrilo.
AS PERIÑAS E A SÚA TRAXECTORIA NA GALESCOLA
Escrito por barrocas, o 20 Marzo 2009 12:13
Na aula das peras estamos traballando o desenrolo cognitivo dende a práctica través do tacto, do gusto, do son…a través de diferentes actividades.
PINTAMOS EN HORIZONTAL CO PROPIO CORPO UTILIZANDO XELATINA E CHOCOLATE
PINTAMOS EN HORIZONTAL CON DIVERSOS INSTRUMENTOS (vasos, barro, patatas, mazás)
PINTAMOS EN VERTICAL CON PINCEIS
PARABÉNS PAPÁ
Escrito por barrocas, o 18 Marzo 2009 17:09
Tádalas nenas e nenos da galescola de Barrocás queremos decirvos…
GRAZAS PAPÁ por facer que os nosos comezos parecesen máis sinxelos ata chegar a hoxe, facendo máis fácil o día a día, máis alegre, cunha boa dose de sorrisos.
GRAZAS por todo o que pasou, tamén por cada día e polos momentos que virán. Que esto acaba de comezar.

























