EXPERIMENTAMOS CO AMARELO
Escrito por barrocas, o 6 Febreiro 2009 20:32
O pasado día 22 de xaneiro as aulas das cereixas e dos pexegos reuníronse para levar a cabo unha divertida actividade para coñecela cor amarela reflectido como obxetivo dentro da programación de aula.
Preguntarédesvos o de por que en cueiros, pois dado que as nenas e os nenos perciben as sensacións a través de todo o seu corpo.
As crianzas nun principio reaccionaron con recelo pero a medida que avanzou a actividade foronse implicando e contaxiándose do entusiasmo dos seus compañeiros/as.
Os resultados da actividade foron moi positivos, o obxetivo fixado foi acadado.
TOCAMOS, MANIPULAMOS….
PINTAMOS NAS PAREDES, O CHAN E AS NOSAS COMPAÑEIRAS E COMPAÑEIROS TAMÉN!!!!!!!






