Arquivos da categoría ‘Xullo’

ESTRENAMOS A NOVA CANCHA DE FUTBOL DO BARRIO

Escrito por barrocas, o 24 Xullo 2009 08:09

Fai uns días remataron as obras na cancha de fútbol e baloncesto do barrio. Despois de observar aos obreiros que alí traballaban e aprender un pouco máis sobre ese oficio agora marcharon e deixárona moi bonita. Parece ser que lle puxeron un tellado para que podamos ir cando chova e tamén cando faga sol.

Pois os mais maiores da escola (Pexegos, Mazás, Cereixas e algunha que outra Pera) tivemos o gran privilexio de poder estrenala.

Pasámolo moi ben coas actividades que as profes nos tiñan preparadas: primeiro xogamos con esa tela que tanto nos gusta, o paracaídas,fainos moita gracia levantalo e logo agocharnos debaixo.

 Tamén xogamos coas pelotas ao fútbol e ao baloncesto, pero foinos imposible meter a pelota nese aro que estaba tan alto.

Foi unha mañá moi divertida e estamos desexando voltar a xogar alí.

“A PRAIA É…” AS NOSAS CRIANZAS OPINAN

Escrito por barrocas, o 16 Xullo 2009 18:34

Os nenos e nenas das aulas das Cereixas, Mazás e Pexegos convertíronse por unha mañá en protagonistas dun programa de televisión adicado á praia.

A clase dos Pexegos transformouse nun inesperado plató de televisión e pouco a pouco todas as crianzas foron pasando á nosa mesa de debate.

Entre todos fóronnos dando a súa propia visión do mar e da praia, elementos que non están presentes na nosa cidade pero que case todos visitaron algunha vez. E como non, da piscina e de Outariz que xa coñecen mellor.

Os videos que seguen a continuación son anacos desta experiencia, a cal foi nova pero á vez moi emocionante para eles.

Agardamos que pasedes un bo rato escoitando as súas divertidas ocurrencias.

VIDEO DE DANI, ANA E CRISTAL

 

VIDEO DE YAIZA, LUCAS H. E NOA

 

CAROLINA R. RAUL E LIDIA

 

DANNA, LUCAS G. E DESIRÉ

 

TEO, MARIA E GABRIEL SECO

 

CAROLINA S. LOIS E YAIZA

 

BENJA, GABRIEL E SERGIO

UN RICO OSO DE CHOCLATE

Escrito por barrocas, o 15 Xullo 2009 18:53

As crianzas da aula das Ananás non saben o que son as vacacións xa que nestes días están máis traballadores ca nunca.

A súa última experiencia foi deliciosa… que envexa sentimos o resto de compañeiros e compañeiras da Escola Infantil ao velos pintar ese oso con chocolate.

Bueno, a verdade, é que comían máis que pintaban; iso é normal, a ver quen se resiste con esa pintura tan rica.

O oso agora decora a parede da clase. Quedou moi xeitoso, ¿verdade? 

NICO ESPERA CON ANSIA A SÚA NOVA IRMÁ

Escrito por barrocas, o 1 Xullo 2009 11:25

Falta só un mes para a chegada da irmá de Nico, unha crianza da aula das Peras. É sorprendente ver como María Xosé (nai de Nico) no seu último tramo de embarazo non perdeu nin unha miga da súa paciencia nin agarimosidade coas actividades da galescola.

¡¡¡¡Parabéns!!!! e moito ánimo.

EMPURRAR E ARRASTRAR

Escrito por barrocas, o 1 Xullo 2009 11:14

A aula das Peras fixo unha actividade de empurrar e arrastrar con caixas de catón, xoguetes de arrastre, pelotas…

As actividades de empurrar e arrastrar pódense considerar como finalidades en si mesma ou como medio paraconseguir un fin. A coordinación de medios e fins é un decubrimento clave para o desenvolvemento cognitivo da crianza.

Estas actividades forman parte do xogo dos nenos e nenas cos obxectos. Neste tipo de acividade as crianzas poñen en acción todo o seu corpo, e conseguen unha gran satisfacción ao facer, mover e controlar un obxecto grande pola súa vontade e sen axuda.