Arquivos da categoría ‘Xuño’
Escrito por barrocas, o 10 Xullo 2009 08:01
Xa sabemos que esta anotación chega bastante tarde, pero non queríamos que pensarades que as crianzas da Escola Infantil de Barrocás non celebramos a mañá de San Xoan; pedimos disculpas pola tardanza pero por diversos motivos sufrimos un pequeno retraso.
A auga é un dos elementos presentes no contorno aos que as criaturas poden acceder con facilidade; os xogos coa auga son unha experiencia indispensable para todos os nenos e nenas, trátase dunha experiencia esencial. polo control que require e polo pracer que proporciona a observación e comprensión do comportamento físico dun fluído. E se a iso lle engadimos o agradable cheiro das flores temos como resultado a famosa mañá de SAN XOAN.

Todo o mundo coñece a tradición desta data, así que as crianzas de Barrocás o día 23 de xuño puxéronse mans á obra e recolleron todo tipo de flores, depositáronnas nun gran contedor con auga e deixáronnas reposar toda esa noite. Na mañá seguinte decidimos laver a cara con esta auga tan especial.

Foi unha experiencia tan agradable que nin as profes poideron resistirse a mollarse un pouco.

Publicado en Xuño | 1 Comentario »
Escrito por barrocas, o 24 Xuño 2009 12:55
Hoxe as crianzas das aulas das Cereixas, Mazás e Pexegos uníronse para realizar unha actividade preparada por Vanessa, unha das educadoras en prácticas que estes meses están con nós.

Foi unha actividade moi disfrutada polos nenos e nenas xa que a parte de coñecer as froitas con todos os sentidos (tacto, olfato, vista e gusto) poideron encher os seus pequenos estómagos.
As froitas traballadas seguiron a orde das aulas da Escola Infantil:
- Amorodos

- Ananás

- Peras

- Cereixas

- Mazás

- Pexegos

Unha vez que as tocaron, cheiraron e degustaron chegou a hora do gran xogo. Cos ollos vendados debían adiviñar que froita estaban probando; foi todo un éxito.

Para finalizar a actividade decoraron un debuxo con todas as froitas traballadas.

Publicado en Xuño | Non hai comentarios »
Escrito por barrocas, o 17 Xuño 2009 15:28
Á aula dos Amorodos xa chegou o verán. Un día cando entramos na aula había un gran papel azul pegado na parede, e nós pensamos que aquilo podería ser un fermoso mar cheo de animaliños, para elo primeiro tivemos que deixar a pegada da nosa man, para facer peixes, despois pintamos de cor amárela nun anaco de papel, que logo se converteu, e ainda non sabemos como, en estreliñas e cabaliños de mar. E outro día apareceron por alí uns paxariños voando ao redor do sol. Ah!por certo, cada día que pasa seguimos experimentando coa pintura, a sensación que temos é moito máis agradable, e xa non nos da medo embadurnarnos.


Publicado en Xuño | 1 Comentario »
Escrito por barrocas, o 16 Xuño 2009 15:14
Dada a calor que estes días estamos a pasar na cidade das Burgas e carentes de aire acondicionado a mellor forma de refrescarse sempre é un bo baño.
Como podedes comprobar nas imaxes estamos a pasalo moi ben nas improvisadas piscinas da nosa Escola Infantil.



Publicado en Xuño | Non hai comentarios »
Escrito por barrocas, o 16 Xuño 2009 14:55
A aula da macedonia coñeceu a través de material de refugallo un dos medios de transporte máis vistoso e atractivo; un globo aerostático.
Podedes seguir as instruccións de montaxe a través das imaxes.





Publicado en Xuño | Non hai comentarios »
Escrito por barrocas, o 15 Xuño 2009 15:41
As sensacións aparecen cando o noso corpo reacciona ante un estímulo que nos chega a través dos órganos sensoriais. Cando analizamos e clasificamos estas sensacións é cando dicimos o que estamos a percibir.

As Peras saíron ao patio a recoller flores ou plantas arómaticas en xeral. Ollamos, cheiramos, recollemos as que máis nos gustan, nos interesan ou están no seu mellor momento.

Despois de termos manexado as diversas plantas prepramos un xogo de recoñecemento das mesmas polo seu recendo.

Publicado en Xuño | Non hai comentarios »
Escrito por barrocas, o 15 Xuño 2009 15:35
Ás aulas das Mazás e dos Pexegos estáselle acabando o tempo na galescola, logo se van para o cole dos maiores, así que decidimos facer unha nova excursión con eles para aproveitar o pouco tempo que queda…
¡¡E que mellor forma que ir de excursión todos xuntos no tren das termas!!
Á hora da saída predominaban os nervios e o entusiasmo, para moitos era a primeira vez que subían no tren. Comezou o seu percorrido polas principais rúas da cidade (a Praza Maior, rúa do Paseo, Parque de San Lázaro, Ponte Romana…) ata chegar ao Paseo das Termas (Chavasqueira, Muíño da Veiga e Outariz), con tanta ilusión cantamos durante todo o camiño.
Ao chegar ao noso destino demos un paseo entre as diferentes pozas de Outariz, as crianzas queríanse bañar naquelas “apetecibles piscinas” pero a auga está demasiado quente para os seus corpos.
Así que optaron por pasar o tempo xogando no parque adaptado para persoas de 1-100 anos, e despois co paracaídas da galescola, ¡iso si que foi divertido!
Despois de comer toda o xantar que levamos (non sobrou nin un bocado) voltamos para a casa. Desta vez a ilusión e entusiasmo do principio foi sustituído polo sono e agotamento de tanta troula.
Aqui tendes un video cos mellores momentos da excursión.
VIDEO DA EXCURSION NO TREN

Publicado en Xuño | Non hai comentarios »
Escrito por barrocas, o 10 Xuño 2009 11:54
Por todos é coñecido o ben que sabe o chocolate, e aínda que non o creades ten máis funcións que a de ser unha apetitosa larpeirada e para que o comprobedes, aquí tendes unha pequena mostra do ben que o pasamos pintando con iogures, natillas e pequenas onzas deste rico alimento.


Publicado en Xuño | Non hai comentarios »

Escrito por barrocas, o 9 Xuño 2009 16:12
Durante o mes de Maio, os nenos e nenas da aula das Cereixas tivemos uns compañeiros moi especiais, grilos e caracois. Compartimos moitos días, os grilos cantábannos CRI, CRI, CRI…, cantabámoslle aos caracois “CARACOL COL COL SACA OS TEUS CORNOS AO SOL…”, e tamén aprendemos moitas cousas con eles.

Coidámolos moito todos os días, limpiabámolos e iamos á cociña a buscarlle comida (Rubén, o noso cociñeiro, dábanos leituga, acelgas…)

Un día, a nosa profe contounos o conto “Carolina e os Caracois”, gustounos tanto que nos animamos a pintar uns caracois de cores.

O mes de maio remataba e tanto os grilos coma os caracois debían voltar coa súa familia e os seus amigos, polo que os levamos á súa casiña.

Despedímonos con moitísimos bicos. ¡Ata sempre amiguiños!!

Publicado en Xuño | Non hai comentarios »
Escrito por barrocas, o 9 Xuño 2009 15:51
Publicado en Xuño | Non hai comentarios »