Arquivos da categoría ‘Abril’

ACTIVIDADES AULA DA CASTAÑEIRA MES DE ABRIL

Escrito por barrocas, o 25 Maio 2010 14:10

Na aula da Castañeira comezamos a primavera traballando arreo para decorar con esmero cada parede e cada recanto dese espazo que nos acolle tódolos días. E para elo cada actividade levaba consigo unha proposta diferente e a utilización de diversas técnicas: pintar con ceras, facer boliñas e pegalas, utilizar algodón para decorar, mesturar pintura de dedos utilizando as mans…

 

Pero a primavera non hai nada mellor que disfrutala ao aire libre e para iso saímos encantados ao noso patio. Senón ollade!!

 

TRABALLANDO AS FORMAS XEOMÉTRICAS

Decidimos traballar as formas xeométricas cun obxectivo. Que cada forma se convertira nunha parte do corpo da boneca. E así fixemos.

Comezamos coa cabeza pintando o círculo de amarelo, seguimos co corpo pegando papel de seda azul no triángulo. De seguido, pintamos de verde os brazos e as pernas e rematamos a boneca colocándolle as mans e os pés que serían os cadrados vermellos que pintamos. E este é o resultado final.

 

CURSO DE AROMATERAPIA

Escrito por barrocas, o 21 Maio 2010 14:28

Fai unhos días impartiuse un curso de aromaterapia na Escola Infantil dirixido as aulas dos Carrabouxos e Camiñantes coa intención de que xa dende ven pequenos comecen a apreciar o arrecendo que nos ofrece a natureza.

A sesión, tanto de mañá coma de tarde, tivo lugar na aula dos carrabouxos, a cal se acondicionou para a ocasión colocando diversos recipientes cheos de flores ao alcance dos pequenos/as, para que así por eles mesmos poideran manipulalas, cheiralas e coma non, algún atrevido ata se animou a probalas.

Debido a que o curso resultou todo un éxito, as profes xa están preparando unha nova sesión con novos arrecendos do entorno.

 

 

PASIÑO A PASIÑO

Escrito por barrocas, o 21 Maio 2010 14:18

Despois de moitos meses entrenando te para alcanzar a meta mais alta no 1º ano de vida, estes tres valientes “Oscar, Vega e Isaac” lograron soltarse a camiñar sen ningún tipo de problema.

A partir deste acontecemento a vida na escola para estes camiñantes cambiou completamente, xa que agora poderán explorar moito máis todo o seu entorno, facer algunha falcatruada máis consistente e coma non, disfrutar moito máis deste “gran patio” ao que saímos nos días de bo tempo.

Para que vexades o bo equilibrio que temos e os grandes camiñantes que somos aquí vos deixamos unha pequena mostra.

 

ALGUNHAS ACTIVIDADES DO MES DE ABRIL DOS AFIADORES

Escrito por barrocas, o 18 Maio 2010 14:53

 

Na primavera os paxaros cantan, sae o sol, crecen as flores…

Despois do xantar gardamos cada un o seu vasiño do iogur porque nos dixeron as profes que iamos a poñer nel unha faba para ver como medraba unha plantiña…xa vos contaremos que acontece…

 

 

 

Como xa somos moi maiores estamos practicando coas tesoiras…

Estamos coñecendo e probando unha morea de froitas e nesta ocasión recortamos duns catálogos que nos trouxeron as profes todas as froitas que atopamos e pegámolas nun mural que nos quedou moi bonito.

 

 

ACTIVIDADES MES DE ABRIL AULA DO FAUNO

Escrito por barrocas, o 18 Maio 2010 14:47

 

 

FAUNOS

DÍA DO LIBRO

Escrito por barrocas, o 18 Maio 2010 14:42

Con motivo da celebración do día do libro o pasado 23 de Abril na escola realizáronse varias actividades relacionadas. Coa colaboración das familias organizaronse unhas pequenas bibliotecas por aulas para o préstamo de conto que aínda se está levando a cabo.

Os nenos/as da aula dos Carrabouxos plasmaron a súa man nunha postal.

Os nenos/as da aula da Serea fixeron uns marcapáxinas .

Os nenos/as da aula dos Afiadores decoraron o conto  da Eiruga.

DÍA DA NAI

Escrito por barrocas, o 18 Maio 2010 14:26

Durante as últimas semanas do mes de Abril na escola estivemos traballando nuns agasallos moi especiais para todas as mamís.

Os máis pequenos da escola (0-1) plasmaron a súa man en pasta para modelar a cal lle engadiron a súa  foto.

Os nenos/as de 1-2 anos, xunto cos nenos/as de 1-3 anos que acuden a escola en quenda de tarde fixeron un portafotos coa mesma pasta en forma de osiño.

 Día Nai Faunos

Os nenos /as de 2-3 anos fixeron uns xoieiros moi elaborados para que as súas mamás gardes os seus preciados tesouros.

 

Aquí tendes unha mostra das caras de ledicia dalgunhas nais ao recibir o tan esperado agasallo.

UN DÍA DE MERENDA NA ESCOLA

Escrito por barrocas, o 14 Maio 2010 14:42

Este mes os Camiñantes queremos demostrarlle ás nosas familias o ben que nos portamos nas nosas rutinas, xa que é moi importante adquirir bos hábitos no día a día.

Como ben sabedes todos, un dos momentos máis importantes é a hora da merenda; e conseguir merendar todo e tranquilamente costounos bastante.

Pero agora xa podemos decir coa boca ben chea que foi un reto CONSEGUIDO!!!!e se non ollade as fotos e xulgade vós mesmos.

 

 

Vedes que tranquilidade se respira no ambiente?e os bocatas de xamón cocido son o noso prato favorito, bueno…se somos realistas o que máis nos gusta é o iogur.

 

 

Aínda que algúns de nós preferimos non mirar o que comemos,

a ver se así acabamos todo nun abrir e cerrar de ollos! E podemos sair a xogar cos coches.

 

 

 

 

OBRADOIRO DE COCIÑA NA AULA DOS CAMIÑANTES

Escrito por barrocas, o 14 Maio 2010 14:31

O día 30 de abril festexamos dous aniversarios na aula dos Camiñantes, o de Vega e Oscar que cumpliron 1 aniño.

 

Así que os máis maiores quixeron axudar a preparar esa festa tan especial. Para iso decidimos facer un queique que nos saiu moi moi rico. Este son os pasos que seguimos:

1- Botar 3 ovos

 

 

 

2- Batelos moito

 

 

3- Un iogur

 

 

4- Tres vasos de fariña

 

 

5- Dous de azucre.

 

 

6- Un de aceite

 

 

7- Un sobre de Royal

 

 

8- E por último levalo ao forno

 

 

 

 

 

 

 

 

 

ACTIVIDADES DE ABRIL NA AULA DA SEREA

Escrito por barrocas, o 14 Maio 2010 14:19

Comezamos o mes decorando unha Eiruga para continuar con este conto. Para decorala empregamos lá, papeis de revistas, confeti, lentellas, garavanzos e macarróns pegando cada material nunha circunferencia de cartolina.

Para rematar este conto que tanto nos gusta!!, a nosa eiruga converteuse nunhas fermosas bolboretas as cales pintamos de moitas cores e pegámoslles gomets verdes.

Seguindo coa decoración da primavera pintamos unhas abellas de cor amarela con esponxas  e decoramos unhos vasos de iogur con gomets para converternos por uns días en pequenos agricultores, colocando unha faba nunha húmida cama de algodóns, regándoa día tras día e observando o seu proceso de xerminación.

As nosas profes inventan moito e déronnos unhos anacos de cartolinas (en forma de triángulos e un gran círculo) con un montón de sopa de estreliñas e pretenderon que as pegásemos. Algún rastro de estrelas quedou na cartolina pero a gran maioría quedou non chan e nas nosas mans.

Despois de recolectar varias botellas entregáronnolas dun xeito un pouco diferente o que estamos acostumados a ver e dixéronnos que as pintáramos con pinceis, o velas rematadas descubrimos que aquelas botellas convertíranse nunhas grandes flores de cores.