Escrito por barrocas, o 12 Marzo 2010 11:03
O pasado mes de Febreiro celebramos o Entroido na escola e este ano estivo adicado as estatuas da cidade que tamén dan nome as nosas aulas.
A celebración de este esperado día constou dun desfile polo noso barrio para lucir os maravillosos disfraces confeccionados coa axuda dos papis e mamis das crianzas, os cales tamén participaron no desfile.
Este comezou cos CAMIÑANTES facendo honra a esos peregrinos que van hacia Santiago.


Seguidos dos AFIADORES marcando o paso cos seus característicos chiflos.


A continuación as LEITEIRAS deslubráronnos coas súas brillantes canadas.
Era a quenda das CASTAÑEIRAS que elexiron a Tana protagonista dun conto para facer o seu traxe.


Seguidamente as SEREAS lucindo as súas mellores cunchas e colas.


Logo os FAUNOS que cos seus cantos e os seus saltiños deronlle un toque de ritmo e cor ao desfile.


Os encargados de rematar o desfile, e por eso non menos importantes foron os CARRABOUXOS que ían todos motorizados.


De volta a escola as xuízas agasallaron as comparsas cuns estupendos diplomas.

Para finalizar o día as crianzas, pais/nais e persoal do centro disfrutamos dunha merenda fabulosa ao ritmo da música.
Grazas a todos/as pola participación e colaboración para que pasásemos un día tan agradable e en tan boa compañía.
Publicado en CURSO 2009-2010, Festas | 2 Comentarios »