Arquivos da categoría ‘Maio’
Escrito por barrocas, o 15 Xuño 2010 14:12
Publicado en CURSO 2009-2010, Maio | 2 Comentarios »
Escrito por barrocas, o 11 Xuño 2010 14:51
O mes de Maio os nenos/as da aula da Serea adicámonos a coñecer algúns animais que se poden atopar nunha granxa. Todas as mañás comezamos o día de traballo co conto “Animais da granxa” onde descubrimos moitas cousas.
Para coñecer ben a vaca as profes debuxáronnos unha moi grande a cal lle pegamos plasti de cor negra a modo de manchas, la de cor branca na cabeza e no rabo, e pintamos os tetos, as orellas e o fuciño de cor rosa. Como fai a vaca???? Muuuuuuuuuuuuuuu!!!

O seguinte animal que non pode faltar en ningunha granxa que se precie, e menos na nosa. O gran galo!! Que nos desperta o saír o sol. Para que fose o máis bonito de todos pegámoslle rafia de cores a modo de plumas.
A nosa ovella non dará lá pero quedounos moi feitiña cando lle pegamos ese algodón tan branco.
A xoaniña podémola atopar en moitos lugares, non só nas granxas, pero aínda así a traballamos e nesta ocasión probamos a pintar con amorodos que algunhos foron destinados a nosa panza. Que bos estaban!!

Prestade moita atención porque este animal foi o que máis nos gustou. O cabalo Pichirilo!!!, nesta ocasión espímonos para pintar cos nosos corpos un cabalo con iogur de chocolate. Aínda que a nosa obra foi efímera, xa que non puido estar exposta na nosa aula, encantounos a experiencia e tamén nos fartamos a chocolate, cun gran merecido baño despois de tanto traballo.


Para seguir adornando a nosa granxa descubrimos unha flor moi rara, chamada xirasol o cal pintamos e pegámoslle no centro o seu froito AS PIPAS!!!!

E como non podía faltar a nosa sesión de psicomotricidade tivo un aire distinto este mes, xa que fumos a un parque do entorno a mover o noso corpo. Repetiremos!!
E deixámosvos para rematar unha mostra do noso xogo heurístico.

Publicado en CURSO 2009-2010, Maio | 2 Comentarios »
Escrito por barrocas, o 11 Xuño 2010 14:16
OBRADOIRO DE NATA:
Ohhhh!!!!!! Pero que é isto???? Unha cousa branca, unha nova textura, que sensación máis rara, suave, sabe ben, mmmmmmmmmmmmmmm… A profe dí que é nata montada. Gozamos con esta actividade, probamos a nata, tamén nos rebozamos e tamén porque non? algo choramos… porque non nos gusta nada mancharnos… Pero temos ganas de repetir.

QUÉ RICA, ERA MOI DOCE!!!
OBRADOIRO DE COCIÑA: FIXEMOS MAGDALENAS.
Os carrabouxos tíñamos ganas de cociñar, remexer, amasar… Polo que puxémonos mans a obra, con leite, fariña, ovos, sal etc… E amasa, remexe, amasa, remexe… Saiu unha pasta, que ulía moi ben e sabia moito mellor, despois de tanto traballar, toca microondas e logo probar, mmmmmmmmmm… deliciosas.


OBRADOIRO DE ESCUMA.
Como por Barrocás o sol apreta e fai moito calor, decidimos xogar con auga e xabón, pasámolo pipa, e refrescar refrescamos porque puxémonos coma pitos, encantounos esa textura, da escuma, e da auga e o xabón, esperamos que a profe nos volva deixar repetir…


OBRADOIRO DO CORPO:
Tamén estamos a traballar o corpo, neste caso as partes da cara, para eso todos os días cantamos a canción da cariña, e hoxe decidimos pintar a nariz de vermello, e identificarnos no espello, a algún non nós gustou vernos no espello con esa nariz, e botamos a chorar, a outros encantóunos, mirade mirade…

SAIMOS AO PATIO:
É como todo non vai ser traballar e traballar, aquí tedes unha boa mostra de que os carrabouxos, co bo tempo tamén saimos ao patio.


Publicado en CURSO 2009-2010, Maio | Non hai comentarios »
Escrito por barrocas, o 8 Xuño 2010 14:35
No mes de Maio os Faunos e Faunas convertemos a nosa aula nunha granxa chea de animaliños, e para gardar tanto animal tivemos que facer un fermoso granxeiro.

O primeiro que fixemos foi facer un pavo real, como o do “Xardín do Posio”, e para que non se sentise só trouxemoslle un galo e unha galiña, que nos puxo uns ovos que estaban riquísimos.

Menuda sorpresa un día cando chegamos a nosa aula aumentara a familia, e agora tamén tíñamos unha morea de poliños. E o noso granxeiro agochaba nunha gaiola uns coelliños que estaban a comer cenorias.

E nunha granxa xa se sabe que non poden faltar as vacas, e a nosa non ía a ser menos, así que puxémonos mans a obra e pegámoslle plasti de cor negra no lombo dunha vaquiña, que logo deunos leite, porque nos aínda somos pequechos/as, pero xa sabemos que o leite ven da vaca, e nin vós imaxinades as cousas tan ricas que se poden facer con el. Nós probamos algunhas delas coma os iogures, a nata, a manteiga, o leite e o queixo, que foi o que máis nos gustou a todos/as.

Na granxa dos Faunos e das Faunas tampouco podia faltar unha ovella, e sabedes qué? as profes contáronnos que coa lá da ovella se facia roupa, e entre todos fixemos un xersei e uns calcetíns para o próximo inverno.

A continuación podedes ver o resultado final dos nosos animaliños, cos que o pasamos moi ben.

E como xa sabedes, e non é unha novidade, a psicomotricidade é unha das nosas actividades preferidas, pero este mes gustóunos máis se cabe, xa que nunha das sesións xogamos co paracaídas, algo novo para nós, pero que nos gustou moito e que xa repetimos algunha vez máis. Outro día, realizamos a nosa sesión semanal ao aire libre, no patio da escola, e unha das actividades que máis nos chamoua a atención e coa que gozamos foi cando quedamos a escura, e manipulamos diferentes figuras de luz que ían cambiando de cor. Mirade que ben o pasamos.

E ata aquí chegou o mes de maio!!!! Agardámosvos o próximo mes con máis novidades para nós, non volo perdades.
Publicado en CURSO 2009-2010, Maio | Non hai comentarios »
Escrito por barrocas, o 8 Xuño 2010 14:15
Xa fai bo tempo e vai moita calor asi que preparamos rápido unha saída para coñecer o barrio no que levamos xa case dous aniños. Aquí tedes unha pequena mostra do ben que o pasamos…



Publicado en CURSO 2009-2010, Maio | Non hai comentarios »
Escrito por barrocas, o 4 Xuño 2010 14:37
Co motivo da celebración do día das letras galegas adicado este ano a Uxío Novoneyra os nenos/as da planta de abaixo trouxeron flores da casa (que apañaron cos pais) para pegalas nas siluetas das letras do escritor, feitas en cartón. Ademáis disto aproveitamos para ulilas, observar as súas cores, tamaños…




Os nenos /as máis maiores cantaron a canción popular de Galicia “A Rianxeira” como poderedes ver no video que vos amosamos a continuación.
Publicado en CURSO 2009-2010, Maio | Non hai comentarios »