Arquivos da categoría ‘Marzo’
Escrito por barrocas, o 5 Xaneiro 2012 09:02
Xa estamos preparados para comezar cos adornos do Nadal: con trozos de remolacha imos a colorear unhas campás e ademais non nos resistimos a probalas:


Para que nos quedasen máis bonitas collemos un pincel e pintámolas con purpurina…

Para seguir ambientando a escola, as profes axudáronnos a estampar, en debuxos de caixiñas as nosas mans emborruntadas de diferentes cores e así nos foron quedando, verdade que están orixinais?

Para que quede constancia do noso 1º Nadal aquí vos vai unha postal coa nosa firma particular:



Publicado en CURSO 2011-2012, Marzo, decembro | 1 Comentario »
Escrito por barrocas, o 5 Outubro 2011 14:08

Fai aínda uns días que comezamos o curso na aula dos inuits e xa estamos de celebración, e non un festexo calquera, se non que se estaba a tratar do 3º aniversario da nosa compañeira Sabela, a cal quixo desfrutar rodeada de tódolos seus compañeiros/as dun día tan especial.

Para tal ocasión enchemos a aula de instrumentos e fixémonos pasar por uns grandes músicos dunha fantástica banda, onde non faltaban nin as padeiretas, axóuxeres, maracas, caixas…. E ata unha trompeta!!!

Despois do primeiro pase entrounos a fame e nada mellor que uns apetitosos “gusanitos” e un refrescante zume de mazá, para logo continuar coa festa bailando e xogando cuns esbaradizos globos de cores.

¡¡¡ Moitísimos Parabéns Sabela !!!
Publicado en Aniversarios, CURSO 2011-2012, Marzo, Marzo, Sen clasificar | 1 Comentario »
Escrito por barrocas, o 4 Febreiro 2011 23:21
Se fai uns días estivo de aniversario Santi dos Xilófonos, agora tócalle o turno a Saray e a Hugo. Acompañados polos seus compañeiros festexaron o seu segundo aniversario tomando uns deliciosos batidos de froitas que eles mesmos prepararon. Antes de poñerse máns á licuadora, recibiron como agasallo unhas lindas postais e unhas coroas cofeccionadas polos seus compañeiros días antes.


Logo desto, xa podiamos dirixirnos ó comedor co doce traballo que nos agardaba. Primeiro pelamos a froita (coa axuda das profes) para así, poder ir meténdoa na licuadora e facer o delicioso zume. Despois de decorar os vasos con azucre e unhas divertidas palliñas, enchémolos e… que rico estaba!!!

E, pensabades que todo remataba aquí? pois non. Coma en todo aniversario que se precie, neste tamén tivo lugar o ansiado momento de soprar as velas que estaban postas na deliciosa torta de chocolate que trouxo a mamá de Saray; moitas grazas!!!

Xa para rematar, puxemos música e Hugo e Saray agasallaron ós seus convidados.


Publicado en Marzo | 2 Comentarios »
Escrito por barrocas, o 2 Febreiro 2011 12:55
O pasado día 24 de xaneiro tivo lugar na nosa aula unha gran festa na honra de Damián, o cativo que ese mesmo día cumpría o seu primeiro aniño.

Para tal ocasión, os seus convidados quixeron outorgarlle a modo de recordo unha fermosa coroa e unha simpática postal que todos eles elaboraron con todo o agarimo.
A celebración contou con todos os detalles posibles e non houbo ningún momento de aburrimento ou bocexo.
Cando xa todos estaban presentes, iniciouse o acto coa manipulación e degustación de xelatina de sabores, coa cal poidemos descubrir novas texturas e novos sabores.


Para rematar, o homenaxeado dispúxose a soprar a vela da súa torta e pensar ese desexo que todos agardamos que se cumpra, a vez que agasallou os seus convidados cuns preciosos regaliños e uns apetitosos gusanitos.

Publicado en Marzo | 2 Comentarios »
Escrito por barrocas, o 30 Abril 2010 14:34
Na aula do Carrabouxo xa temos dous nenos máis camiñando pola escola.
Trátase de Iago e Lucas, ahí tendes unha pequena mostra.


Con eles xa somos 5 carrabouxiños nesta nova andaina.
Parabéns aos dous!!
Publicado en CURSO 2009-2010, Marzo | 1 Comentario »
Escrito por barrocas, o 30 Abril 2010 14:23
Ao igual que os maiores, os carrabouxos teñen que madrugar tódalas mañás para non chegar tarde a súa xornada laboral.
Cando chegan xa os están esperando os encaixables, os bonecos… para así ir esperando ao resto dos compañeiros/as máis dormilóns.

Despois deste duro inicio, aseámonos un pouco e facemos un merecido descanso para tomar un aperitivo de media mañá para así coller forzas para o traballo de aula, que como xa tendes comprobado, uns días toca pintura de dedos, outros pintar con alimentos e incluso xa facemos moitisima psicomotricidade para coidar os nosos esbeltos corpiños.



A continuación, cada un senta na súa ” super trona” e… comeza o xantar!!, momento no que xa nos relaxamos e comezamos a caer nos brazos de Morfeo pouco a pouco.



Pero… non vós vaiades a pensar que nós somos coma os funcionarios, non non, aquí tamén se traballa de tarde e para elo aquí están os peregrinos, que despois de unha boa sesta chegan coas pilas cargadas para todo o traballo que lles espera.
Primeiro disfrutan dos xoguetes, cesto dos tesouros… mentras van chegando todos/as para así seguir coa ansiada merenda, o aseo e como non o traballo de aula, no que se intenta seguir co empezado polos carrabouxos.



E para rematar o día pasamos polo cambiador para poñernos ben guapos para cando nos veñan recoller o final da xornada.


Publicado en CURSO 2009-2010, Marzo | Non hai comentarios »
Escrito por barrocas, o 27 Abril 2010 15:00
Aquí tendes o moito que traballaron todos os nenos e nenas da escola para agasallar os seus papis polo seu día.

Día do pai










Publicado en CURSO 2009-2010, Marzo | 4 Comentarios »
Escrito por barrocas, o 27 Abril 2010 14:26
Co motivo da celebración do día da Prensa, na semana do 8 ao 12 de marzo na escola realizáronse varias actividades.
En primeiro lugar no centro realizáronse 2 kioskos, a continuación pediuse a colaboración das familias para que nos achegaran diferentes revistas e periódicos, que se expuxeron nos kioskos estando ao alcance dos nenos e nenas.
Os máis pequenos/as da escola disfrutaron manipulando, observando, rasgando, facendo choiva de papeis cas diferentes publicacións.







As crianzas das aulas da castañeira, leiteira e afiador, deron renda solta a súa imaxinación inventando as suas propias historias vendo as imaxes impresas nos momentos nos que acudian ao kiosko a buscar un intre de relaxación.





Publicado en CURSO 2009-2010, Marzo | Non hai comentarios »
Escrito por barrocas, o 27 Abril 2010 13:49
Durante o mes de marzo, na aula dos camiñantes traballouse a reo para dar a benvida a tan esperada primavera, polo que puxémonos máns a obra e comezamos a dar forma os nosos traballos.
Antes de comezar tivemos que conseguir os materiais necesarios polo que nos diriximos a despensa da cociña e…………….. unha bolsiña de sopa, outra de fariña, uns poucos garavanzos, lentellas, pasta, azucre, pan fresco, pan rallado…
Agora que xa tiñamos todo o necesario xa podíamos comezar a elaborar a nosa preciosa “flor”, polo que cada un de nós foi cubrindo o centro e os diferentes pétalos da flor.


O rematar démonos conta que a nosa flor faltáballe algo máis para que quedara ben fermosa, polo que fixemos un gran círculo en cartón e cubrímolo de millo para facer un chamativo sol.

Coma aínda non quedábamos conformes co noso resultado pedímoslles os camiñantes máis peques que nos axudaran a decorar o mural, polo que sen máis demora colleron unas poucas pinturas de cores e algún bote de pintura de dedos e……. que fermosas quedaron esas bolboretas e abellas!!!!

Publicado en CURSO 2009-2010, Marzo | Non hai comentarios »