Arquivos da categoría ‘Outubro’

ALGÚNS VACIARON E OUTROS XOGARON CON CABAZAS

Escrito por barrocas, o 4 Decembro 2009 16:03

 Como todos sabedes, un dos froitos típicos do outono son as cabazas; son moi importantes e sobre todo a finais do mes de outubro, xa que son o símbolo da festa de Samain. En tempos do Celtas colocábanse esa noite en todas as ventás.

Como non hai festa do Samain que se precie sen cabazas, os nenos e nenas da escola non podían deixar pasar a oportunidade de vacialas, decoralas ou simplemente xogar un pouquiño con elas para familiarizarse que este froito.

Os Carrabouxos optaron pola opción de xogar, tocar, morder…

As Sereas e os Faunos quixeron ir máis alá, aínda que a pulpa prbocáballes unha sensación rara decidiron investigar a qué sabía.

Nas aulas Leiteira, Castañeira e Afiador armados dos utensilios necesarios valeiraron cabazas grandes e pequenas.

RICAS GALLETAS PARA SAMAIN

Escrito por barrocas, o 4 Decembro 2009 15:18

A poucos días da festa de Samain as nosas profes andaban moi atarefadas cos preparativos para ese día (facer os disfraces levoulles o seu tempo, ¡pero que guapos quedamos!xa o veredes…) así que nós, os peques decidimos encargarnos de elaborar unhas deliciosas galletas, coa axuda dalgunhas profes, para degustar o día da festa.

Manipulamos a fariña, probamos a manteiga e cando a mas estaba sólida démoslle formas divertidas.

¡¡MIRADE MIRADE!!

¡qué ben nos quedaron!

ACTIVIDADES AULA CASTAÑEIRA

Escrito por barrocas, o 3 Decembro 2009 15:13

Estas son algunhas das actividades que os nenos e nenas da aula da Castañeira realizaron en solitario durante o pasado mes.

Practicaron o trazo vertical pintando uns paraugas:

Tamén decoraron unhas cabazas de cor laranxa:

 

Convertéronse en panadeiros amasando e elaborando un pan “realmente delicioso”

PRIMEIRO ANIVERSARIO DA ESCOLA

Escrito por barrocas, o 27 Novembro 2009 15:21

O pasado 20 de outubro a escola de Barrocás celebrou o seu primeiro aniversario. Xa fixo un ano que abriu as súas portas aos nenos e nenas.

E para festexalo lembramos a temática do ano pasado mediante o conto “Unha eiruga moi larpeira”, logo botamos unhos bailes (algúns miraron máis que bailaron) e para rematar enchemos o estómago de froita con chocolate.

Estas son as fotos da celebración na planta de arriba:

Aquí van as fotos do festexo na planta baixa:

CONTO

CANCIÓN

E pola tarde continuou a festa:

¡¡MOITÍSIMAS GRAZAS POR ESTE FANTÁSTICO ANO E POR SEGUIR CONFIÁNDONOS OS VOSOS PEQUENOS TESOUROS!!

SEGUIMOS COÑECENDO FROITOS DO OUTONO

Escrito por barrocas, o 25 Novembro 2009 15:21

 As Faunas os faunos e as Sereas ímosvos contar o que estivemos a facer estes días de outono na nosas aulas. Pois ben, un día as profes deronnos unha cousa rarísima, era de cor amarela, e con boliñas, algúns e algunhas de nós xa o víramos, pero a maioría aínda non, ¿e sabedes o que era? Resultou ser millo, que ben o pasamos todos, gustounos moito, e decimolo de verdade, porque ata o probamos. Na aula dos Faunos como podedes ver tamén fixemos maracas coas que logo xogamos e para rematar pegamos grans de millo nunha mazorca xigante, esta actividade complicousenos un pouquechiño, porque ao principio pensamos que a cola branca era pintura, e ¡ala! a pasarlle a man, e entón os grans de millo quedábansenos pegados nas nosas manciñas e non no papel, pero bueno xa empezamos a entender que eso branco non se pode tocar coa man.

Na aula da Serea cada un dos nenos/as fixo a súa propia mazorca de millo.

VIDEO DO MILLO

Outro día manipulamos e gozamos dun novo sabor e olor, o do marmelo, ¡ que cousa mais rica! aquelo tan grande, que non nos collía na man, votaba un arrecendo que daban ganas de comelo, e asi o fixemos, pero estaba duro e non había quen lle incara o dente, pero despois peláronnolo e deronnos un anaquiño a cada unha/un para probalo, e temos que decirvos unha cousa, gustounos moitisimo máis crudo que cociñado. Este último só tivo éxito entre os máis larpeiros.

VIDEO DO MARMELO

E como non, tamén xogamos con follas e landras. Na aula dos faunos manipulamos as landras e logo fixemos unha moi grande, na que lle pegamos follas secas, e o venres levamos para a casa unha fermosa peonza feita cunha landra e un palillo, para que as nosas familias a fixesen bailar, porque a nós iso ainda non se nos da moi ben. E coas follas secas que cairon das árbores, xogamos a tiralas ao aire, poñelas de sombreiro, xogar ao “cucu”…Na aula da Serea fixemos unha árbore na que lle pegamos follas e landras e a algúns encantounos. E logo todos enchemos unhas bolsas de follas para facer o noso boneco do outono. Dende aquí queremos aprobeitar para darlle as grazas as familias que sempre colaboran no que lles pedimos e esta vez trouxeronnos follas e landras, para poder levar a cabo as nosas actividades, GRAZAS.

VIDEO DAS FOLLAS E LANDRAS

PROGRAMACIÓN CASTAÑEIRAS DA 2ª SEMANA DE OUTUBRO

Escrito por barrocas, o 21 Outubro 2009 14:21

- RUTINAS COTIDIANAS:

O chegar á clase saudamos á Tana, a nosa Castañeira que nos canta o conto. Logo miramos pola ventá qué tempo fai e o identificamos no noso papel.

- TALLER DE PINTURA:

Esta semana adicámola aos alimentos para conmemorar o 1º aniversario da escola.

Martes día 13: distinción dos sabores doce-salgado, amargo-ácido.

Mércores día 14: fixemos unha macedonia de froitas.

VIDEO ELABORACION MACEDONIA

Xoves día 15: pintamos o conto de “Unha eiruga moi larpeira”

Venres día 16: elaboramos unha tarta de chocolate.

COMEZOU O OUTONO

Escrito por barrocas, o 15 Outubro 2009 14:36

Dende a aula da Castañeira queremosbos mostrar todo o que levamos traballado nestes días.

¡Xa sabedes o que nos gusta pintar! Da igual co que sexa (ceras, esponxas, coas mans…) a cuestión é ter sempre algo que pintar. Entón aproveitando esa destreza, as educadoras explicannos que estamos no outono e que imos pintar unha gran árbore á que lle pegamos follas e ourizos e colocámola preto da nosa aula para recordar todos os días na estación na que nos atopamos.

Pero non só iso, contando coa axuda dos papis (grazas dende aquí) poidemos coñecer, manipular e experimentar algúns dos productos do outono como as noces, as castañas, as mazorcas de millo, os ourizos… e algúns ata chegamos a probar as noces e as castañas.

Bueno xa vos seguiremos mantendo informados de todo o que aprendemos xogando.

COLLEITA DO MILLO

Escrito por barrocas, o 14 Outubro 2009 14:39

Xa que está entrando o Outono imos coñecer algúns dos froitos que se recollen nesta época do ano.

Empezamos polo millo. ¡Imos a colleita! Arrancamos a espiga  da palla. Despois témolo que escasular. ¡Conseguímolo!

Agora toca degrañalo para dárllelo a nosa “Galiña Azul”.

 

¡¡ BO PROVEITO !!