Arquivos da categoría ‘Setembro’

ACTIVIDADES MÁIS DESTACADAS DA AULA DA CASTAÑEIRA NO MES DE XANEIRO

Escrito por barrocas, o 27 Febreiro 2010 09:58

Utilizamos os pinceis para traballar a cor vermella e tamén aproveitamos para repasar o trazo vertical.

 

 

 

Sesión de Psicomotricidade Grosa con módulos, na que todos os nenos/as se convertiron, por uns intres, en intrépidos trepadores.

 

 

Xogamos a identificar e a descartar a cor vermella entre unha morea de pelotas, de variadas cores.

 

 

Sesión de Psicomotricidade Grosa con globos, na que mentras xogabamos disfrutando, aprendemos cando o globo estaba arriba ou abaixo.

 

 

 Traballamos o Día da Paz, pegando plastilina de cor branca nunha pomba, que cada neno e nena levou para a súa casa.

 

 

FESTA DA VENDIMA

Escrito por barrocas, o 14 Outubro 2009 14:21

O pasado 25 de Setembro celebramos a nosa particular festa da vendima na escola. Tanto pola maña como pola tarde tiveron a oportunidade de pisar uvas, probando o seu resultado “mosto”.

Os primeiros que pediron paso foron os carrabouxos, quenes pisar non pisaron moito pero percibiron esa rara sensación a través do tacto.

Seguironlle os Faunos quenes puxeron un pouco máis de empeño pero sen moitos resultados…

Logo chegaron as Sereas con moitas ganas, aínda que as uvas non lles resultaron moi doadas de esmagar, polo que recibiron algunha axuda.

As aulas da Castañeira, da Leiteira e do Afiador foron os últimos en pisar as uvas pola mañá, fixeronno todos xuntos obtendo como resultado unha boa xarra de mosto.

Pola tarde eran menos nenos pero non tiveron nada que envidiarlle aos da maña, tiveros a oportunidade de aplastar, tocar e pisarunha boa cantidade de uvas.

Como era un día especial,fixemos tanto o xantar como a merenda no patio, o aire libre.

COMEZAMOS UN NOVO CURSO

Escrito por barrocas, o 5 Outubro 2009 14:26

      O pasado día 1 de Setembro entre ilusión, nervios e moitas ganas comezamos un novo curso na escola de Barrocás.

      Entre risas e bágoas fomonos adaptando pouco a pouco ao longo deste mes e por fin xa damos por rematado o período de adaptación. Ahí vos vai unha pequena mostra destes primeiros días:

 

 

 

 

BENVIDOS AO CURSO 09-10

Escrito por barrocas, o 29 Setembro 2009 14:18

Empezamos un novo curso na Escola Infantil de Barrocás cunha nova temática para cada aula. Continuando coa liña levada a cabo o pasado curso, decidimos escoller unha temática para as aulas con conexión entre elas, que nos axuden a dar unidade á escola.

Así, decidimos que este ano cada aula vai ser unha escultura, pero non unha escultura calquera, senón unha das esculturas que temos nas rúas da cidade de Ourense. Isto vai permitir que vexan estes elementos como algo familiar e próximo a eles, xa que cando vaian de paseo polas rúas vanse atopar con estas esculturas, aprenderán a identificalas, e poderán tocalas e compartilas coas súas familias.

As esculturas que escollemos para as nosas aulas son:

- Aula 0-1 anos: “O Carrabouxo”

O Carrabouxo é un personaxe de ficción creado polo humorista Xosé Lois desde 1982 e que aparece diariamente no xornal “La Región” de Ourense. As súas historias recóllense en varios libros. Esta escultura atópase ubicada no Parque de San Lázaro, parque céntrico da cidade.

- Aula 1-2 anos A: “Fauno con Moucho”

Esta é unha obra do escultor e pintor Xaime Quessada. Trátase dunha escultura do ano 2002 elaborada en bronce e cunhas dimensións de 140×310x150 cm. Esta obra está ubicada na intersección entre as rúas Paseo, Sanmiguel, Eugenio Montes e Valentín Lamas Carbajal; nunha zona muy céntrica da cidade.

- Aula de 1-2 anos B: “A Serea”

Obra de Xaime Quessada e Acisclo Manzano, é unha escultura do ano 1995 realizada en bronce. Está ubicada no Parque Barbaña.

- Aula de 2-3 anos A: “A Castañeira”

Obra de Xosé Cid do ano 2001, está ubicada no Xardín Xaponés, frente ao Parque de San Lázaro. Esta escultura forma parte dunha serie de obras que o Concello colocou desde hai uns anos, sobre profesións típicas galegas.

- Aula de 2-3 anos B: “A Leiteira”

Obra de Ramón Conde, do ano 1999. Atópase ubicada na rúa do Paseo.

- Aula de 2-3 anos C: “O Afiador”

Atópase ubicada na rotonda das Lagoas frente ao Campus Universitario da Cidade. Con este monumento homenaxéase esta profesión típica da nosa provincia.

- Aula tarde: “O Camiñante”

Obra de Manuel Patinha, escultor portugués. Esta obra estivo ubicada inicialmente nun dos extremos da Ponte Romana, e actualmente está nunha rotonda do barrio do Couto.