Arquivos da categoría ‘Xaneiro’
Escrito por barrocas, o 26 Febreiro 2010 22:08
Este mes a aula da Serea adicamos a traballar o Inverno e algun animal típico de esta época.
Comezamos o mes pintando unhas nubes moi oscuras cheas de auga e neve.

A continuación pegámoslle follas a unhas rás moi simpáticas que nos dibuxaros a nosas profes.

Logo tivemonos que abrigar porque o frío era moito e para rematar fixemos un gorro, unhas luvas e un abrigo xigantes para que nos tapasen a todos.


E todos os xoves temos cita co Xogo Heurístico que gracias a vos podémolo realizar con éxito, ahí vos vai un pequeno exemplo.

Publicado en CURSO 2009-2010, Xaneiro | 1 Comentario »
Escrito por barrocas, o 26 Febreiro 2010 20:30
DURANTE TODO ESTE MES NA AULA DO FAUNO ESTIVEMOS A REALIZAR ACTIVIDADES RELACIONADAS CO INVERNO.

DA MAN DAS NOSAS EDUCADORAS COÑECEMOS ALGUNHAS COUSAS PARA IR BEN ABRIGADOS/AS; COMO A BUFANDA, AS LUVAS OU O GORRO. MANIPULAMOS E XOGAMOS CON ESTAS PRENDAS E CONFECCIONAMOS UNS EN PAPEL PARA COLGAR NA NOSA AULA.


RECOÑECEMOS TEXTURAS, E PARA ELO CAMIÑAMOS DESCALZOS SOBRE DIFERENTES SUPERFICIES (GARBANZOS, FOLLA SECA, FARIÑA, AREA…).

ASISTIMOS A NOSA CITA CO XOGO HEURÍSTICO ONDE REALIZAMOS UNHA ACTIVIDADE DE EXPLORACIÓN E COMBINACIÓN DE OBXETOS, COA FINALIDADE DE EXERCITAR E ENRIQUECER AS NOSAS CAPACIDADES FÍSICAS, MENTAIS, EMOCIONAIS E SOCIAIS .

E COMO NON!! UNHA DAS ACTIVIDADES QUE MÁIS NOS GUSTA E COA QUE SEMPRE DISFRUTAMOS:
¡A PSICOMOTRICIDADE!

Publicado en CURSO 2009-2010, Xaneiro | 3 Comentarios »
Escrito por barrocas, o 27 Xaneiro 2010 16:04
Despois dunha gran ausencia de publicacións retomamos o camiño, para elo aquí tendes un resumo das actividades que se fixeron na escola o longo dos últimos meses de 2009.
Desexamos que vos gusten. Agora con este novo ano 2010 esperamos comezar unha nova etapa sen interrupcións.

























Publicado en CURSO 2009-2010, Xaneiro | 1 Comentario »