Arquivos da categoría ‘CURSO 2010-2011’

O outono chegou!!!

Escrito por barrocas, o 17 Novembro 2011 15:21

O Outono chegou a Madagascar!!!

Ata nunha illa tan alexada, como é a dos malgaches, as follas caen, o frío comeza a sentirse, os días son máis curtos…

Aproveitamos todos estos cambios que trae o outono, e as follas, os froitos… para traballar na nosa escola, aquí podedes ver algunhas destas actividades:

Manipulamos diferentes materiais.

Coñecemos e manipulamos marmelo.

Coñecemos diferentes instrumentos musicais, fixemos un marmelo xigante, xogamos coas construcións…

Manipulamos follas, ourizos, castañas, mazás…

Pegamos cáscaras de noz nunha grande.

FESTA DE FIN DE CURSO EN BARROCÁS

Escrito por barrocas, o 16 Agosto 2011 10:19

Outro curso máis que remata e outra despedida dos cativos que collen rumbo á “escola de maiores”.

Para que a todos nos quedara un bo recordo deste día organizamos unha festa hawaiana na que, tanto o equipo educativo coma a ANPA, participamos mostrando o noso lado máis bailarín.  Por suposto o mellor de todo, foi ver coma os nenos e nenas da escola desplegaron todos os seus esforzos para amosarnos os bailes que prepararon coas súas educadoras.

Actuación dos Axóuxeres

Actuación das Trompetas e dos Xilófonos

Actuación das Pandeiretas e dos Timbais

Actuación das Gaitas

Actuación das Maracas

A continuación deixámosvos a actaución do equipo educativo para que olledes o ben que se lles da isto de bailar.

 “La Bamba Divertida”

Logo de tódalas actuacións e do reparto do boneco de graduación chegou o momento da merenda na que todos e todas comemos a fartar. Grazas a tódalas familias que colaboraron traendo moitos e variados aperitivos.

Deica a próxima!!!

UNHA VISITA MOI ANIMADA

Escrito por barrocas, o 20 Xullo 2011 10:06

No mes de Xuño as aulas dos Axóuxeres, Trompetas e Xilófonos tivemos unhas visitas moi animadas para disfrute de tódolos cativos, onde poidemos comprobar o agarimosos que poden chegar a ser e a alegría que ofrecen estas mascotas.

O primeiro día visitounos “Copito”, un lindo coelliño branco moi pero que moi suave que non dubidou en amosarnos os seus perfectos movementos de hocico e a súa comida preferida.

Para continuar coas visitas recibimos a “Pepa”, unha linda Bulldog Francés que fixo as delicias de todos enchéndonos de grandes bicos e lametadas.

Non podían faltar os peixes “Neno e Dory”, que nos amosaron o esbaradizos que son e o graciosos que son os seus movementos de cola nadando por toda a peixeira.

E se os peixes nos resultaron graciosos, non vos podedes nin imaxinar o que desfrutamos intentando convencer a tartaruga “Kitty” para que nos amosara a súa cabeciña e as súas patiñas que en case todo momento tivo agochadas dentro da cuncha.

E aínda que a visita das simpáticas galiñas gustóunos moito, temos que recoñecer que a posibilidade de que nos deran algún picotazo deunos algo de medo e non as acariciamos todo o que queríamos.

Moitas grazas a todos os que prestaron as súas mascotas para esta actividade tan especial!!!

EXCURSIÓN DE FIN DE CURSO

Escrito por barrocas, o 5 Xullo 2011 13:22

O pasado 2 de xuño os nenos e nenas das aulas de 2-3 realizamos a excursión de fin de curso.

Ergémonos ben cediño para estar puntuais na escola e así, evitar que o autobús marchara sen nós. Logo das despedidas e, de algunha que outra bágoa por parte das nosas mamás, puxémonos en marcha dirección “O Rexo”, unha granxa escola que se atopa en Allariz. Unha vez alí, uns monitores moi simpáticos amosáronnos o que facían día a día.

Coñecemos a un granxeiro e as súas ovellas e tamén a Manolito, un año que estaba un pouco maliño pero ben seguro que cos nosos mimos e coidados agora estará moito mellor. Tamén tivemos a oportunidade de ver como fan o queixo e de acariciar ó can Morito, un mastín que coida do rebaño.

Despois de tanta actividade e de botar unhas carreiras polo campo, chegou o momento de repoñer forzas cuns bocadillos moi ricos que nos trouxeron da escola. E como todo chega ó seu fin, subimos no autobus e faltounos tempo para botar unha cabezadiña.

Esperamos que para o próximo ano os nosos compañeiros e compañeiras teñan a sorte de pasalo tan ben coma nós.

“O Rexo”

MENÚS XULLO

Escrito por barrocas, o 3 Xullo 2011 20:35

Nas seguintes ligazóns encontraredes os menús referentes ó mes de xullo:

- MENÚ XERAL

- MENÚ PURES

- MENÚ SEN LACTOSA

- MENÚ SEN GLUTEN

- MENÚ SEN OVO

SOBRE RODAS

Escrito por barrocas, o 29 Xuño 2011 13:16

As aulas das Gaitas, Maracas e Pandeiretas adicamos os últimos días do mes de maio ós medios de transporte. Coloreamos coches e peatóns…

construímos globos aerostáticos…

fixemos un tren, un barco e ata semáforos comestibles!!!

Pasámolo moi ben pero o que máis non gustou sen dúbida, foi a asistencia a “1ª Concentración Moteira de Barrocás”, trouxemos as nosas motos, bicis, quads e coches e… a correr!!!

Concentración Moteira da E.I.Barrocás

OS OFICIOS NA ESCOLA

Escrito por barrocas, o 22 Xuño 2011 08:46

Ó longo do mes de maio, os nenos e nenas da escola estivemos traballando a reo no tema dos oficios. Fomos dende policías ata médicos pasando por alfareiros, bombeiros, técnicos de ambulancia, gaiteiros… Coñecemos un montón deles e así ímonos facendo a idea do que queremos ser de maiores.

Dende aquí, moitas grazas a tódolos profesionais que nos prestaron a súa colaboración.

Os Oficios 0-2

Os Oficios 2-3

UNHA DIETA MOI SAUDABLE

Escrito por barrocas, o 9 Xuño 2011 10:24

Os Axóuxeres, as Trompetas e os Xilófonos estiveron estas semanas descubrindo tódalas propiedades dos alimentos máis comúns da súa dieta diaria.

Para elo inspirámonos na pirámide alimenticia e, así, coñeceron unha pescada crúa, probaron paliños de cangrexo, lácteos, froitas, ovos, aceite, verduras… e, para rematar con bo sabor de boca, un suculento prato de pasta.

Os Axóuxeres

As Trompetas

Os Xilófonos

MENÚS XUÑO

Escrito por barrocas, o 1 Xuño 2011 10:15

Nas seguintes ligazóns podedes consultar os menús referentes ó mes de xuño:

- MENÚ XERAL

- MENÚ PURÉS

- MENÚ SEN LACTOSA

- MENÚ SEN GLUTEN

- MENÚ SEN OVO

O DÍA DO LIBRO

Escrito por barrocas, o 20 Maio 2011 14:01

Como ben saberedes, o día 23 de abril é “O dia do libro”, por isto os nenos e nenas das aulas 2-3 quixemos conmemoralo adicándolle un espazo especial ós nosos contos preferidos.

Uns traballamos o conto de “O coelliño branco”…

outros “Buki e as estrelas”…

 e o resto “Carolina e os caracois”:

 Este foi o resultado final do noso traballo, ollade!!!

Por outra banda, os nenos e nenas dos Timbais, tamén quixeron rendirlle tributo facendo un libro de imaxes relacionado co conto da escola: “Os músicos de Barrocás”.