Arquivos da categoría ‘Abril’

PREESCOLAR NA CASA. ESPAZO PARA AS FAMILIAS

Escrito por barrocas, o 3 Maio 2011 15:13

No mes de abril tivo lugar na escola a sexta xuntanza de Preescolar na casa. Nesta ocasión, mestras as nenas e nenos disfrutaban dun momento de xogo libre, as familias falaban e reflexionaban acerca de cales son os xoguetes máis axeitados as idades e capacidades dos nenos.

Na segunda parte desta xuntanza, entre todos elaboramos xoguetes con recursos cotiás e material de refugallo (caixas baleiras de galletas e zapatos, pinzas da roupa, tapas de botes de cristal, tubos de diferentes tamaños de papel hixiénico, papel de cociña, cinta adhesiva, etc.). Así construimos un catalexo, un pau de chuvia, ensartables, puzles,etc.

UNHA SELVA NA AULA DAS MARACAS

Escrito por barrocas, o 28 Abril 2011 09:00

Xirafas, elefantes, serpes, chimpancés, tigres, rinocerontes e ata formigas, todos estes animais e algún que outro paxariño e bolboreta habitan estes días na nosa aula.

Descubrimos que ós elefantes comen cacahuetes e que as xirafas, estiran o seu longo pescozo para alcanzar as follas máis altas e tenras das árbores. Pero temos unha novedade e é que, despois da visita que fixo Guillermo ó zoo, sabemos que tamén comen pan.

Agora deixámosvos unhas imaxes para que vexades canto traballamos ó redor desta temática.

Animais, animais e máis animais

UNHA MAÑÁ NA CANCHA

Escrito por barrocas, o 27 Abril 2011 10:05

Aproveitando o bo tempo que nos acompañou e, que os nenos das Trompetas e dos Xilónofos xa son maiores, decídimos facer unha excursión á cancha que temos ó carón da escola.

Para semellante aventura preparámonos ben e marchamos cargadiños con todos os materiais para empregar entre xogo e xogo. Non paramos nin un minuto,  polo que cando voltamos á escola chegamos cansos a máis non poder.

Despois de xogar coas pelotas tivemos tempo de xogar co paracídas que nos encanta!!!

E para rematar, gatexamos polo túnel coma o facíamos aínda non fai moito tempo…

Cando volva o bo tempo de novo estaremos por ahí!!!

COMEZANDO A CAMIÑAR

Escrito por barrocas, o 15 Abril 2011 11:43

Dende fai uns días xa son dous máis os Axóuxeres que decidiron botarse a camiñar.

Rubén e Leire descubriron todas as aventuras que estaban a vivir os seus compañeiros xa camiñantes e decidiron emprender a súa aventura, agora xa non hai recuncho nin lugar que se lle resista.

E CHEGOU A PRIMAVERA!!!

Escrito por barrocas, o 13 Abril 2011 08:26

Outro ano máis chegou o tempo do sol, das cores e das bolboretas. Como non podía ser doutra maneira, as pandeiretas quixemos rendirlle o noso pequeno homenaxe: pintamos unha morea de animais…

… e, ademáis, elaboramos a copa da nosa árbore e rematamos o mural cun gran sol. Ollade!!!