Arquivos da categoría ‘Decembro’
Escrito por barrocas, o 8 Febreiro 2011 12:13
Durante o mes de decembro os Timbais traballaron moi duro preparando unha visita moi especial.
Coa axuda das familias decoramos unhas bolas de nadal para a nosa árbore.


Tamén pintamos estrelas e bolas para que a escola estivese moi bonita en tan especial acontecemento.


E, por suposto, fixemos unha preciosa postal de Nadal.

Despois de todos esos días preparando todos os detalles, chegou o gran momento: Papá Noel entrou na nosa escola moi contento e cun gran saco cheo de agasallos; debe ser que durante este ano nos portamos moi ben…!!!
PAPÁ NOEL
¡MOITAS GRAZAS PAPÁ NOEL!
Publicado en Decembro | Non hai comentarios »
Escrito por barrocas, o 2 Febreiro 2011 11:53
Durante o mes de decembro as aulas das Maracas, das Pandeiretas e das Gaitas adicámonos a preparar a chegada do tan esperado Papá Noel. Para elo, decoramos a nosa escola e puxémola moi pero que moi bonita!!!
Pintamos as botas de Papá Noel, fixemos árbores de Nadal, decoramos as bolas coa axuda das nosas familias,…






Ademáis, antes da chegada do gran día, veu a vernos e a recoller as nosas cartas de agasallos un elfo de Papá Noel. Foise cun gran saco cheo de desexos…
VISITA DO ELFO
E, por fin, chegou o gran momento. Papá Noel entrou na nosa escola tocando a súa dorada campá e cunha morea de agasallos.
VISITA DE PAPÁ NOEL
Publicado en Decembro | 1 Comentario »
Escrito por barrocas, o 24 Xaneiro 2011 15:08
Durante o mes de decembro, as tres aulas da pranta baixa da escola estivemos moi pero que moi atarefadas, xa que como todo o mundo pensa que somos grandes artistas nesto das artes plásticas, encomendáronnos unha tarefa de moitísima responsabilidade: ía vir Papá Noel e tiñamos que engalanar as nosas aulas para semellante ocasión!!!
Como somos moi obedientes e sempre facemos o que nos mandan, puxémonos mans a obra e comezamos a cavilar o que podiamos facer.
O que máis nos importaba é que as aulas quedaran ben fermosas, polo que nada mellor que facer unha guirnalda que cubrira toda a aula cunhas chamativas boliñas de nadal e unha campá coma a que nos avisa do cambio de ano.


E, qué clase de Nadal sería sen unha estrela? Como non podían ser menos, unhas estrelas ben brillantes pintadas por nós para iluminar toda a aula.

Agora que xa tiñamos as clases ben bonitiñas, decidímonos a decorar o corredor. Coa axuda das familias, decoramos unhas preciosas bolas de Nadal que despois colgamos persoalmente en cada unha das ramiñas da nosa árbore.


E tampouco podía faltar de ningún xeito, un buzón real donde depositar os nosos desexos. Para elo, recibimos a visita dun elfo que nos axudou a meter as nosas cartas no buzón para así levalas a Laponia.



Pero sen dúbida, o momento máxico desta semana foi cando por fin chegou a visita de Papá Noel, qué nervios pasamos!!! Toda a mañá agardando para velo, sentarnos no seu regazo e darlle un bico e unha aperta. Aínda que houbo quen botou máis dun choro o velo.
Publicado en Decembro | 2 Comentarios »
Escrito por barrocas, o 12 Xaneiro 2011 14:24
Durante o mes de decembro os Axóuxeres, as Trompetas e os Xilófonos traballamos a reo nas milleiras de actividades que nos tiñan preparadas as nosas educadoras.
Aínda que todos/as somos moi bos, o de compartir os xoguetes non é nada doado, e máis se son traidos das nosas casas. Por isto as profes, que sempre andan a pensar en todo, falaron coas familias e entre todos montamos un recuncho do xoguete, qué gran idea!!! deste xeito todos disfrutamos dos xoguetes sexan nosos ou doutro compañeiro/a.
Para decorar o recuncho puxémonos a faena e pintamos unha boneca, un coche e un avión, para así darlle unha animación especial.



E para seguir concienciándonos co tema de compartir, as profes ofrecéronnos a posibilidade de pintar unhs vasiños de iogur para entre todos facer un pequeno verme de refugallo.



Dende aquí darlle as grazas ás familias polo seu apoio e colaboración, xa que sen eles moitas das actividades que facemos non se poderían levar a cabo.
Publicado en Decembro | 4 Comentarios »
Escrito por barrocas, o 7 Xaneiro 2011 12:32
Como estaban próximas as festas de Nadal e os cociñeiros da zona tiñan traballo a fartar, os máis pequechos da nosa escola (Axóuxeres, Trompetas e Xilófonos) quixeron botarlle unha man. Para iso, as profes facilitáronlle os ingredientes: fariña, levadura, auga e sal.
Así que eles soamente se tiveron que encargar de mesturar tódolos ingredientes e… ¡¡¡A AMASAR!!!
PAN
Aínda que uns puxeron máis empeño que outros, ó final conseguiron facer uns auténticos boliños de pan que levaron para a casa para degustar coa familia.
Pero non vos vaiades pensar que os Xilófonos se conformaron con facer soamente pan, senón que puxéronse mans a masa e lograron facer unhas riquísimas arepas.
AREPAS
Publicado en Decembro, Sen clasificar | Non hai comentarios »
Escrito por barrocas, o 7 Xaneiro 2011 10:25
Os pequechos das aulas dos Axóuxeres, Trompetas e Xilófonos estivemos facendo unha actividade moi divertida. A ver se adiviñades o que estabamos probando!!!
Aqui vos deixamos un vídeo para que pasedes un bo momento, esperamos que vos guste.
Doce-Amargo
Publicado en Decembro | 1 Comentario »
Escrito por barrocas, o 23 Decembro 2010 10:13
O 9 de decembro tivo lugar a 2ª xuntanza coas familias. Nesta ocasión o tema que se tratou foi “normas e límites”.

Despois chegou o momento de xogar cos nenos e nenas. En primeiro lugar, contamos o conto de “Os 3 porquiños” e despois xogamos co paracaídas ó ritmo de “salta, salta unha rá…”.


A continuación, cantamos e bailamos moitas cantigas: “teño un motorciño…” primeiro moi despacio e despois máis rápido, e co “corro chirimbolo”, “eu movo a cabeza, eu movo…”, “teño unha manciña e fágoa bailar,…” aprendemos as partes do corpo.

Agora toca o momento de xogar co túnel, recorrelo, agocharse,…


Despedimos esta xuntanza coa canción “un bombeiro…”.

Publicado en Decembro | Non hai comentarios »
Escrito por barrocas, o 10 Decembro 2010 10:42
Na aula dos Axóuxeres a xornada laboral comeza ven cedo, xa que os axouxeriños son ven madrugadores e chegan o seu centro de traballo a primeiras horas da mañá.
Mentres algúns almorzan como auténticos campións, outros aproveitan para xogar un pouco ou votar un soniño antes de comezar as actividades.

Agora que todos/as temos as pilas cargadas, xa podemos comezar coas actividades que tódolos días teñen preparadas as nosas educadoras. Uns días toca enzoufarnos con pintura de dedos, chocolate ou calquer material que se precie, outros xogamos con materiais do entorno e outros facemos psicomotricidade.

Despois deste duro momento, acabamos tan cansos que non perdoamos a tan ansiada “sestiña de media mañá”, aínda que algún de nós resistíamos un pouco xa que non queremos perdernos un só momento do que acontece na aula.

Un pouco de xogo libre non ven nada mal antes da comida para abrir apetito, aínda que temos que recoñecer que estes pequenos non teñen ningún problema coa comida, son uns auténticos glotóns!!!

Ó rematar, toca pasar pola zona de aseo para así estar ben limpiños para cando veñan a recollernos ou para ir para os berces, onde pouco a pouco comezamos a caer en “brazos de Morfeo” prácidamente.

Publicado en Decembro | 1 Comentario »
Escrito por barrocas, o 9 Decembro 2010 12:22
Qué traballadores son os nenos/as da aula dos Xilófonos que ás 9:30h. da mañá xa están todos na súa aula dispostos a pasar unha divertida xornada na que sempre lle agardan un milleiro de sorpresas que descubrir e aprender.
Nada máis entrar na aula, e despois de poñer o mandilón, que mellor que meterse de cheo no mundo das fantasías a través deses maravillosos contos que lles conta a súa educadora e cos que eles despertan a súa imaxinación.

E como non todo ía ser estar tranquilos e sentados na colchoneta, nada mellor que un pouco de xogo libre co que poder poñer en práctica as nosas artes de imitación facendo todo o que fan os maiores coa axuda dos cacharriños, das pezas de construcción, as bonecas,…

Despois deste duro desgaste físico que implica desordear e volver a colocar a aula, ¿qué vos parece se tomamos un pequeno tentempé que nos axude a recuperar as enerxías que precisamos para aguantar todo o que resta da xornada?

Agora que xa estamos listos para seguir coas actividades, nada mellor que formar un gran tren no corredor das pelotas para ir pasar un bó anaco a zona dos coches, esa que tanto nos gusta e na que estamos pensando toda a mañá co desexo de poder montar nos coches máis veloces e máxicos que vos poidades imaxinar.

O malo que ten estar nos coches é que como esta zona está pegadiña o comedor sempre nos ven o arrecendo da comida tan saborosa que nos agarda todos os días, que non nos damos aguantado!!! De maneira que a eso das 12h. xa estamos todos formaliños desexando entrar no comedor e comezar a saborear a comida que tanto nos gusta.

Que sí, que despois de cada comida hai que lavar os dentes e asearse, que eso xa o sabemos moi ben. Os xilófonos nunca nos esquecemos de irnos para a aula a seguir coa nosa rutina de aseo, ademáis iso de lavar os dentes é algo que nos entusiasma a todos.

Agora si que xa os nosos corpiños comenzan a pedir un respiro e os nosos ollos comenzan a pesar pedindo unha camiña e un pouco de descanso para poder soñar con eses momentos máxicos que nos aconteceron ó longo da mañá.

Publicado en Decembro | 3 Comentarios »
Escrito por barrocas, o 9 Decembro 2010 10:41
Qué duro é isto de manterse en forma!!!e que cansos rematamos despois desta dura sesión de psicomotricidade que tivo lugar na aula dos Axóuxeres.
O principio non sabíamos moi ben o que facían todas esas cousas novas alí colocadas, pero como somos moi curiosos, comezamos a explorar e démonos conta que gracias a elas podíamos subir escalóns, gatexar por pequenas pendentes, por debaixo dun túnel… sen contar que ata houbo quen se atreveu a unhas cantas flexións!!!


Nesta primeira toma de contacto co mundo da psicomotricidade pasámolo moi ben, polo que agardamos que nas próximas sesións xa poidamos demostrarvos os bos ximnastas que somos.
Publicado en Decembro | 2 Comentarios »