Arquivos da categoría ‘Febreiro’
Escrito por barrocas, o 17 Marzo 2011 10:38
O mes de febreiro na aula das Pandeiretas foi un mes de moito traballo, festas e actividades.
Coñecemos moitas cousas relacionadas co Entroido como máscaras, disfraces, festas típicas… ademáis, claro está, do noso animaliño e do instrumento que nos caracteriza: a pandeireta.



Como xa vístedes noutras publicacións, tamén festexamos os aniversarios de Aarón, Noa e Nuria… cada día somos máis maiores!!!
Por último, amosárvos que ademáis de castelán e galego tamén aprendemos algo de inglés… cada día falámolo mellor!!! e como decimos para despedirnos “bye bye” e ata a próxima!!!
Aprendiendo inglés
Publicado en Febreiro | 1 Comentario »
Escrito por barrocas, o 2 Marzo 2011 09:43
Na aula das Maracas, despois de coñecer algúns instrumentos, puxémonos mans a obra e construímos unhas maracas.
Para este traballo precisamos uns vasiños de iogur, unhas lentellas e un globo. Deixámosvos as imaxes de todo o proceso.

Mirade que ben soan!!!
Maracas
Publicado en Febreiro | Non hai comentarios »
Escrito por barrocas, o 1 Marzo 2011 12:37
Nas aulas das Gaitas, Pandeiretas e Maracas quixémonos adiantar a Don Carnal e vestidos coas nosas mellores galas festexamos os xoves de compadres e comadres. Para elo, o xoves de compadres acudimos á escola vestidos como grandes señores e o día de comadres, como non podía ser doutra maneira, a escola encheuse de distinguidas damas.
E, en tan importantes festexos, non faltaron os contos de títeres, o baile e a boa comida.
COMPADRES E COMADRES
Publicado en Febreiro | 1 Comentario »
Escrito por barrocas, o 28 Febreiro 2011 10:27
Ós peques da pranta baixa chegóulles unha invitación para unha festa moi particular, na que a única condición para poder asistir era non ser nena. Así, despois de moito cavilar, decidimos disfrazarnos de nenos para que ninguén se perdera esta celebración.
O día da festa puxémos as nosas mellores galas e dirixímonos a aula de baile e, unha vez alí, comezamos a xogar, brincar, bailar…
Compadres
Ó final da festa, comprendemos que é o que sucede nunha das múltiples celebracións do Entroido de Xinzo: Xoves de Compadres.
Para rematar, soamente dicir que se este día as nenas sentíronse un pouco raras, estade ben atentos o que sucederá o próximo xoves…
Publicado en Febreiro | Non hai comentarios »
Escrito por barrocas, o 28 Febreiro 2011 10:04
Os rapaces da pranta baixa estamos que non podemos máis con tanta troula, levamos unhas semaniñas que tódolos venres temos unha sorpresa agardándonos para continuar festexando o entroido.
Primeiro foi a fariña, logo viñeron as olas e este venres tocoulle o turno ás carreiras para festexar o “Venres Corredoiro”.
Para levar a cabo dita actividade, xuntámonos todos no corredor dos coches donde temos espazo suficiente para brincar e correr a diferentes niveis e, unha vez todos xuntos e despois de escoitar ben atentos e atentas as explicacións das nosas educadoras, comezamos!!!

Carreiras para arriba, carreiras para abaixo… e ningún de nós parou un momento para descansar, nin os máis pequenos quixeron perderse tal ocasión que, dentro das súas posibilidades físicas (menudas carreiras de gatexo temos), disfrutaron da carreira como os que máis.


E, para rematar, comemos ese aperitivo que tanto nos gusta e que está presente en todas as celebracións e festexos, os famosos gusanitos!!!

Publicado en Febreiro | Non hai comentarios »
Escrito por barrocas, o 22 Febreiro 2011 10:42
Se os primeiros en soltarse a camiñar foron Damián e Naia, un tempo máis tarde comezou a dar os seus primeiros pasiños o pequeno Lalo.
Dende que é un experto camiñante non hai recuncho nin xoguete que se lle resista, xa que non ten ningún medo a hora de correr por toda a pranta baixa e facer mil e unha trasnada que o longo do día axuda a esbozar alguna que outra risotada.

Publicado en Febreiro | 1 Comentario »
Escrito por barrocas, o 18 Febreiro 2011 10:02
Se o venres pasado xogamos con fariña, esta vez tocoulle o turno a unhas descoñecidas olas de barro que as nosas educadoras elaboraron para poder celebrar o “Venres Oleiro”.
Ó igual que na anterior celebración, xuntámonos tódolos rapaces da pranta baixa e pasamos un bo rato xogando coas olas, as cales serven para facer ruido, poñer de sombreiro, chupetear, facer de coches…


… e ata de recipiente para depositar os sabrosísimos gusanitos que degustamos a continuación para repoñer forzas e compartir uns momentos de calma.

Despois de ter a panza chea puxemos música ben movida e continuamos coa troula, que en realidade é o que máis nos gusta.

Publicado en Febreiro | 1 Comentario »
Escrito por barrocas, o 18 Febreiro 2011 09:35
Dende fai uns días os nenos/as da aula dos Xilófonos e das Trompetas descubrimos unha nova forma de aprender e descubrir novos obxectos, texturas, materiais, e utilidades descoñecidas de certos productos.
Así, reunímonos unha vez á semana e atopámonos con milleiros de cousas que fan voar a nosa imaxinación e permítennos aumentar os nosos coñecementos e experiencias.
A uns gústanos moito pasar o rato intentando que os nosos dedos non queden atrapados nas pinzas, a outros gústanos moito abrir e pechar caixas de cartón, madeira…, xogar con cunchas de mar, falar a través de tubos de cartón, escoitar o ruído que fan os botes de cristal, descubrir para que serven os rulos… pero o que máis nos gusta é compartir un bo momento cos nosos compañeiros!!!

Publicado en Febreiro | Non hai comentarios »
Escrito por barrocas, o 14 Febreiro 2011 21:51
Nesta 4ª xuntanza falamos acerca da retirada do cueiro e do chupete, tema moi interesante co que puidemos coordinarnos familias e escola.

A continuación, chegou o momento de xogar todos xuntos. Así, cantamos e bailamos moitas cancións.

Puxemos adhesivos nuns globos para porlle os ollos, as cellas, a boca, o nariz e tamén os pés, e xogamos con eles e co paracaídas.


Aprendemos os números e pasámolo moi ben coa canción “Andando, andando, andando…”
“Andando, andando, andando…”
Finalmente, Begoña contounos o conto “A galiña feliz”. Na seguinte ligazón podedes ver un anaquiño de tan fermoso conto.
“A galiña asustada”
Publicado en Febreiro | Non hai comentarios »
Escrito por barrocas, o 11 Febreiro 2011 12:38
Como somos tan festeiros nesta escola, comezamos a festexar o tan esperado Entroido, así que trasladámonos mentalmente a Xinzo de Limia para imitar o seu coñecido “Domingo fareleiro”.
Para realizar dita trasnada, xuntámonos tódolos Axóuxeres, Trompetas e Xilófonos na zona de descanso e… fariña, fariña e máis fariña!!!
Antes de comezar preparámonos para tal ocasión, puxémonos ben cómodos e trasladámonos ata a aula na que ía ter lugar . Estaba chea de recipientes, obxectos… para realizar trasvases e xogos.

Unha vez chegamos ó lugar indicado, sentámonos todos xuntiños para inmortalizar os primeiros momentos antes de embadurnarnos e emporcallarnos de arriba a abaixo.

Dicir que os máis pequechos da escola, encantoulles a actividade xa que puideron descubrir unha nova textura, un novo sabor e un momento máxico na compaña dos seus compañeiros maiores.


Os que sí que o pasaron realmente ben, foron os nenos e as nenas das Trompetas e dos Xilófonos, xa que grazas as súas elevadas capacidades físicas, puideron realizar unha maior experimentación e compartir grandes momentos entre eles.


A partir de agora, estade ben atentos ó blogue xa que o Entroido acaba de comezar, cal será o próximo festexo?.
Publicado en Febreiro | 1 Comentario »