Arquivos da categoría ‘Maio’

OS OFICIOS NA ESCOLA

Escrito por barrocas, o 22 Xuño 2011 08:46

Ó longo do mes de maio, os nenos e nenas da escola estivemos traballando a reo no tema dos oficios. Fomos dende policías ata médicos pasando por alfareiros, bombeiros, técnicos de ambulancia, gaiteiros… Coñecemos un montón deles e así ímonos facendo a idea do que queremos ser de maiores.

Dende aquí, moitas grazas a tódolos profesionais que nos prestaron a súa colaboración.

Os Oficios 0-2

Os Oficios 2-3

O DÍA DO LIBRO

Escrito por barrocas, o 20 Maio 2011 14:01

Como ben saberedes, o día 23 de abril é “O dia do libro”, por isto os nenos e nenas das aulas 2-3 quixemos conmemoralo adicándolle un espazo especial ós nosos contos preferidos.

Uns traballamos o conto de “O coelliño branco”…

outros “Buki e as estrelas”…

 e o resto “Carolina e os caracois”:

 Este foi o resultado final do noso traballo, ollade!!!

Por outra banda, os nenos e nenas dos Timbais, tamén quixeron rendirlle tributo facendo un libro de imaxes relacionado co conto da escola: “Os músicos de Barrocás”.

O DÍA DA NAI

Escrito por barrocas, o 16 Maio 2011 10:32

O día 1 de maio foi o Día da Nai, polo que os nenos e nenas da escola quixeron obsequiar as súas mamás con algo especial feito por eles: algúns fixeron flores, outros fundas para o teléfono móbil e ata botes cheos de cores, ollade!!!

O día da nai

BENVIDA PRIMAVERA

Escrito por barrocas, o 9 Maio 2011 13:25

Co cambio de estación, os máis pequenos da escola, decidimos rendirlle tributo á tan esperada primavera.

Para elo puxémonos máns a obra e pintamos a copa da árbore de cor verde,  cos nosos pés fixemos a herba, decoramos fermosas flores e bolboretas, un vistoso sol con sopa, unhas graciosas abellas con botes de actimel e tamén o animal propio de cada aula: un coello, un can e unha vaca.

Primavera

O resultado final do noso traballo, foi unha colorida e alegre paisaxe primaveral que da luz e vida as nosas paredes!!!

PSICOMOTRICIDADE Ó AIRE LIBRE

Escrito por barrocas, o 4 Maio 2011 09:11

Aproveitando que en Ourense está a lucir o sol, os Xilófonos decidimos facer a nosa sesión de psicomotricidade ó aire libre e descubrir novas diversións. Para elo fixemos un tren e dirixímonos a un patio que temos ó carón da escola.

De camiño, descubrimos unha morea de zonas con flores que recollemos para así despois decorar con elas a nosa aula.

Xa no parque tivemos a oportunidade de subir por grandes pendentes, escalar por unha morea de rampas, balancearnos nos columpios e descubrir grandes tesouros escondidos na area que alí atopamos.