Arquivos da categoría ‘Novembro’
Escrito por barrocas, o 23 Decembro 2010 11:57
DÍA INTERNACIONAL DOS DEREITOS DA INFANCIA
Escrito por barrocas, o 23 Decembro 2010 11:10
Todos temos dereitos, adultos e nenos. A gran diferenza é que os adultos podemos loitar por eles, esixir que se cumpran, en cambio, os nenos precisan de nós para que os seus dereitos se respeten.
A proposta didáctica deste ano para ese día centrouse na interculturalidade, entendida como unha diversidade positiva e enriquecedora.
UN NENO… MIL ILUSIÓNS
Escrito por barrocas, o 7 Decembro 2010 14:24
O día 20 de Novembro foi o Día dos Dereitos da Infancia, asi que non nos podíamos esquecer de festexar unha data tan importante como esa na nosa escola.
Ainda que pensedes que somos moi pequenos e que non nos percatamos das diferenzas existentes entre nós e outros nenos/as máis desfavorecidos, coa axuda das educadoras plasmamos as nosas máns arredor do mundo para reivindicar que todos, estemos onde estemos, teñamos as mesmas oportunidades ou dereitos.
A aula dos Timbais tamén quixemos participar no mural adicado a este día, así que puxémonos mans a obra (nunca mellor dito), e plasmamos as nosas arredor da bola do mundo.
O MAGOSTO DOS TIMBAIS
Escrito por barrocas, o 7 Decembro 2010 12:36
Para o magosto, a aula dos Timbais, decidimos facer un mural xunto coa aula das Trompetas. O noso traballo consistiu na elaboración dunha fogata: pintamos leña, cortamos trociños de papel seda para simular o lume e, por último, só nos quedaba pintar as castañas e os chourizos.. qué fogata máis chula nos quedou!!!
Non vaiades a pensar que foi o noso único traballo, tamén dedicamos un ratiño a manipular castañas e a probalas. Un pouco duras si que estaban, pero non sabían nada mal…
Para rematar fixemos uns collares de castaña para levar na festa.
O día da festa colgámolos o pescozo e comenzamos a troula!!!!!!
AS CASTAÑAS DO SAN MARTIÑO: Axóuxeres, Trompetas e Xilófonos
Escrito por barrocas, o 7 Decembro 2010 11:04
Como ben todos sabedes, os pequenos da escola (0-1 e 1-2 anos) somos moi festeiros e non perdemos troula que se precie, polo que o San Martiño non ía ser menos e festexámolo por todo o alto cun milleiro de actividades e cunha gran festa.
Para darlle a benvida e meternos de cheo neste festexo, que mellor que coñecer o froito típico desta data e, a continuación, poñernos máns a obra e realizar unha réplica da estatua “A Catañeira”. Algúns decidímonos a pintar a súa cesta con chocolate e outros con pintura de dedos ou ceras, a vez que colocamos castañas no seu interior.
Xa chegaba o día da festa e para estar máis guapos do que somos, fixemos unha coroa ben chula con pintura de dedos e ceras de cor marrón.
O gran día xuntámonos as tres aulas, degustamos uns ricos gusanitos e votamos uns bailes coma auténticos especialistas.
Antes de despedirnos non podemos esquecernos de resaltar os atrevidos e glotóns que son os Xilófonos, xa que sen pensalo dúas veces atrevéronse a probar as castañas e chourizos típicos desta data. ¡Qué ricos que estaban!
PIÑAS, LANDRAS, SERRÍN,… ¿PARA QUÉ SERVEN ESTAS COUSAS?
Escrito por barrocas, o 23 Novembro 2010 11:47
Os cativos/as das aulas dos Axóuxeres, Trompetas e Xilófonos comprobamos que o mes de Outubro e, sobre todo, o outono danos moito xogo para descubrir un milleiro de cousas e para poñer a aula ben bonita con todo o que nos rodea.
Durante os primeiros días descubrimos uns materiais que nos gustaron moito e que as nosas profes explicáronnos que caían das árbores.
Canto nos gustou manipular todos estes elementos a algúns e que pouco a outros. O mesmo nos pasou con esta textura (pintura de dedos) coa que pintamos unhas nubes de choiva, as follas e os animais típicos desta data.
Como nos sentimos tan artistas con esto de pintar, decidimos que xa era hora de traballar polo miúdo, así que confeccionamos unha árbore con serrín e abrigamos un cogumelo con papel.
Non hai mellor forma para traballar o outono que empregar os cinco sentidos. Xa só nos faltaba o do gusto, así que para rematar probamos froitos secos e carnosos como son: noces, mazás, figos,…
PREESCOLAR NA CASA. ESPAZO PARA AS FAMILIAS.
Escrito por barrocas, o 23 Novembro 2010 09:47
O día 9 de Novembro tivo lugar na escola a primeira xuntanza de preescolar na casa e o tema tratado foron “as rabechas”, pois as familias teñen un papel esencial na educación emocional das crianzas.
Para introducir esta temática, visualizamos o vídeo “Actorazo” e a continuación houbo un debate para chegar a coñecer os diferentes tipos de rabechas así como as respostas axeitadas e consellos.
Pilar contounos o conto “A Galiña Asustada” e a continuación xogamos co paracaídas ó son de “salta, salta unha rá…”.
Tamén aprendemos varias cantigas como “teño unha manciña e fágoa bailar…”, “eu movo a cabeza…”.






































