Arquivos da categoría ‘Setembro’
Escrito por barrocas, o 3 Novembro 2010 09:47
Démoslle a benvida ao outono e para elo comezamos pintando de cor marrón os troncos das árbores e uns nubarróns grises.


Manipulamos e comemos figos e, coas follas de figueira, fixemos un figo xigante pegándoas ben xuntiñas.


Observamos, esmagamos e pelamos as uvas… teñen pébidas!!!!


Tamén houbo tempo para practicar unha das actividades que máis nos gusta: modelar plastilina.

Pero non todo vai ser traballar…

E, con tanta actividade, nada mellor que unha saborosa galleta para recuperar folgos!!!

Publicado en Setembro | 1 Comentario »
Escrito por barrocas, o 2 Novembro 2010 11:53
Despois dun pequeno periodo de adaptación, os nenos/as da aula das gaitas comezamos os nosos traballos e aprendizaxes para este ano. Preparamos a chegada do outono coa creación dunha árbore.
Despois manipulamos unhas follas que apareceron na aula. Son diferentes a outras que xa coñecemos en forma, tamaño, tacto… son follas de figueira!!!

Con esas mesmas follas, feitas anacos, fixemos o noso figo particular.

E, qué serían eso dos figos…? Un froito do outono que está ben bó!!!
Para rematar este mes, traballamos nos preparativos da tradicional vendima. Manipulamos e comemos uvas grandes e de dúas cores… qué ricas!!!.

Tamén lle demos cor a uns acios para confeccionar a nosa parra. Rematamos coa vendima, como xa veríades.

Seguiremos informando dos avances do noso mural.
Publicado en Setembro | 2 Comentarios »
Escrito por barrocas, o 28 Outubro 2010 10:08
O mes de Setembro foi un pouco complexo porque comezamos un novo curso onde nos tiñamos que adaptar a unha aula e a uns nenos/as novos, volvendo a rutina.
Despois do período de adaptación comezamos coas actividades que tanto nos gustan.
Lembrando o curso anterior, a nosa profe volveunos sacar as luces de cores que tanto nos gustan e o material de xogo heurístico.


Neste mes a protagonista foi a uva. Uns días antes da vendima estivemos tocando, comendo e estruxando uvas que logo pegamos nun precioso acio.

Tampouco nos podíamos esquecer dos figos, manipulámolos e comémelos, a uns gustáronnos moito e a outros non tanto, pero probar probámolos.

Para rematar o mes e dar comezo o outono, pintamos unhas árbores para o noso mural “Caen as follas”. Para pintar estas árbores usamos tres técnicas diferentes xa que uns pintamos cas mans, outros con rodillos e outros con pinceis, velaí como traballamos.

Publicado en Sen clasificar, Setembro | 1 Comentario »
Escrito por barrocas, o 13 Outubro 2010 09:06
Os Músicos de Barrocás amosámosvos no seguinte video os nosos primeiros momentos do curso 2010-2011. Foron días difíciles para moitas das crianzas, pero co paso dos días, os choros e angustias están a tornarse en sorrisos e bos momentos.
Periodo de Adaptación
Publicado en Setembro | 4 Comentarios »
Escrito por barrocas, o 30 Setembro 2010 09:32
Para este novo curso escollemos unha nova temática basada no conto clásico “Os músicos de Bremen” que, despois de varias adaptacións, se convertiu en “Os músicos de Barrocás”. Na seguinte ligazón podedes descargar a nova versión deste fantástico conto.
OS MÚSICOS DE BARROCÁS
Cada aula está representada por un instrumento que a continuación vos amosamos:
- Aula 0-1: “OS AXÓUXERES”. Instrumento que toca o coello do noso conto.

- Aula 1-2: “AS TROMPETAS”. Instrumento que toca o can.

- Aula 1-2: “OS XILÓFONOS”. Instrumento que toca a vaca.

- Aula 2-3: “AS GAITAS”. Instrumento que toca o pato.

- Aula 2-3: “AS PANDEIRETAS”. Instrumento que toca o gato.

- Aula 2-3: “AS MARACAS”. Instrumento que toca a ovella.

- Aulas tardes: “OS TIMBAIS”. Instrumento que toca o pitiño.

Publicado en Setembro | 2 Comentarios »