Arquivos da categoría ‘Xaneiro’
Escrito por barrocas, o 10 Febreiro 2011 12:13
O pasado venres 28 de xaneiro as aulas das Gaitas, Pandeiretas e Maracas unímonos para conmemorar este día. Xuntámonos no corredor da pranta alta da escola e creamos un gran mural no que pegamos as pombas que, coa axuda das nosas familias, confeccionamos días antes. Tamén deixamos reflexados os nosos mellores desexos de paz.
E, como este día ten que ser de ledicia, nada mellor que rematar cunha gran festa onde non faltaron os gusanitos nin a boa música.
PAZ
Publicado en Xaneiro | Non hai comentarios »
Escrito por barrocas, o 26 Xaneiro 2011 11:41
Unha vez máis, as pandeiretas puxémonos mans a obra para realizar as actividades que a nosa educadora nos tiña preparadas.
Ésta vez tocóunos saír ata as portas da escola para recoller uns amiguiños moi especiais: uns caracois moi simpáticos!!! Levámolos para a aula e xogamos moito con eles. Para non esquecelos, debuxámolos e pintámolos para pegar no noso mural, pintámoslle o corpo con ceras e pegamos unhas noces para facerlle a cuncha.
Ademáis de todo isto, tamén traballamos con alimentos. Pintamos unhas mazás, ademáis de comelas, e fixemos unhas mazarocas de millo, tanto pintadas como pegándolle grans e papel nas follas. Como non, tamén para ser expostos no noso mural.

Por último, e para rematar con todas as actividades, estivemos traballando con plastilina. Aplastámola cos nosos rodillos e fixemos figuras coas formas que nos deron as nosas educadoras. Ollade que bonito nos quedou e canto traballamos!!!.

Publicado en Xaneiro | Non hai comentarios »
Escrito por barrocas, o 24 Xaneiro 2011 11:57
Cómo ben sabedes, as mazás son froita de tempada dos meses pasados, e para traballar este froito xunto cos conceptos de cor vermella e cor verde, puxémonos mans a obra e comezamos por pintar unhas mazás.

Despois fixemos boliñas de papel desas cores… cómo nos gusta esmagar papel!!! Logo pegámolas nun mural en forma de mazá para a aula.

Non podía faltar para afianzar unha aprendizaxe ter a mazá en corpo e alma, como se soe decir, para cheirala, tocala, observala e tamén probala, mazá crúa e asada… mmm non sabemos cal nos gusta máis!!!

Qué sorpresa levamos un día cando nos reunimos na mesa e as nosas profes dixéronnos que tiñamos unha visita moi especial. Comezamos polo principio, a nós encántanos o conto de “Carolina e os caracois”, é máis, sabémolo de memoria, pois ese día trouxéronnos uns caracois a aula!!! Qué ben o pasamos mirando cómo se arrastraban polas mesas e sacaban os seus corniños aínda que non houbera sol, foi moi divertido!!! Logo da experiencia levámolos a aula das Pandeiretas para que tamén disfrutaran con eles.
Ata a próxima amigos!!!

Publicado en Xaneiro | Non hai comentarios »
Escrito por barrocas, o 21 Xaneiro 2011 10:55
O 11 de xaneiro tivo lugar na escola a 3ª xuntanza de Preescolar na casa. Nesta ocasión o tema que tratamos foron “os ciumes”.

Despois de conversar coas familias, chegou o momento de xogar cos cativos. En primeiro lugar estivemos cantando e bailando varias cancións (”Patatín patatín patatero…”, “Ahí ven a onda mariña…” e “Teño un motorciño…”).

Tamén xogamos unha vez máis co paracaídas, encántanos!

Para rematar, Begoña contounos o conto “Dona Carme”.

Agardámosvos o día 8 de febreiro na 4ª xuntanza de Preescolar na casa.
Publicado en Xaneiro | Non hai comentarios »
Escrito por barrocas, o 20 Xaneiro 2011 11:14
¿Quedábanos algún recuncho de aula sen inspeccionar? Esto foi o que deberon pensar estes dous cativos. Para non perder tempo e poder chegar a tódolos sitios sen ningún problema, non o pensaron dúas veces e coma quen non quere a cousa soltáronse a camiñar e aquí os tendes, convertidos nuns auténticos camiñantes dispostos a descubrir e experimentar con todo o que atopen no seu camiño.


A partir de agora non haberá quen os pare, e medo nos dá a cantidade de trasnadas que serán capaces de facer a tódolos seus compañeiros que aínda non se soltaron a dar os seus primeiros pasos.
Publicado en Sen clasificar, Xaneiro | Non hai comentarios »