Arquivos da categoría ‘Xullo’

FESTA DE FIN DE CURSO EN BARROCÁS

Escrito por barrocas, o 16 Agosto 2011 10:19

Outro curso máis que remata e outra despedida dos cativos que collen rumbo á “escola de maiores”.

Para que a todos nos quedara un bo recordo deste día organizamos unha festa hawaiana na que, tanto o equipo educativo coma a ANPA, participamos mostrando o noso lado máis bailarín.  Por suposto o mellor de todo, foi ver coma os nenos e nenas da escola desplegaron todos os seus esforzos para amosarnos os bailes que prepararon coas súas educadoras.

Actuación dos Axóuxeres

Actuación das Trompetas e dos Xilófonos

Actuación das Pandeiretas e dos Timbais

Actuación das Gaitas

Actuación das Maracas

A continuación deixámosvos a actaución do equipo educativo para que olledes o ben que se lles da isto de bailar.

 “La Bamba Divertida”

Logo de tódalas actuacións e do reparto do boneco de graduación chegou o momento da merenda na que todos e todas comemos a fartar. Grazas a tódalas familias que colaboraron traendo moitos e variados aperitivos.

Deica a próxima!!!

UNHA VISITA MOI ANIMADA

Escrito por barrocas, o 20 Xullo 2011 10:06

No mes de Xuño as aulas dos Axóuxeres, Trompetas e Xilófonos tivemos unhas visitas moi animadas para disfrute de tódolos cativos, onde poidemos comprobar o agarimosos que poden chegar a ser e a alegría que ofrecen estas mascotas.

O primeiro día visitounos “Copito”, un lindo coelliño branco moi pero que moi suave que non dubidou en amosarnos os seus perfectos movementos de hocico e a súa comida preferida.

Para continuar coas visitas recibimos a “Pepa”, unha linda Bulldog Francés que fixo as delicias de todos enchéndonos de grandes bicos e lametadas.

Non podían faltar os peixes “Neno e Dory”, que nos amosaron o esbaradizos que son e o graciosos que son os seus movementos de cola nadando por toda a peixeira.

E se os peixes nos resultaron graciosos, non vos podedes nin imaxinar o que desfrutamos intentando convencer a tartaruga “Kitty” para que nos amosara a súa cabeciña e as súas patiñas que en case todo momento tivo agochadas dentro da cuncha.

E aínda que a visita das simpáticas galiñas gustóunos moito, temos que recoñecer que a posibilidade de que nos deran algún picotazo deunos algo de medo e non as acariciamos todo o que queríamos.

Moitas grazas a todos os que prestaron as súas mascotas para esta actividade tan especial!!!