Escrito por barrocas, o 5 Xullo 2011 13:22
O pasado 2 de xuño os nenos e nenas das aulas de 2-3 realizamos a excursión de fin de curso.
Ergémonos ben cediño para estar puntuais na escola e así, evitar que o autobús marchara sen nós. Logo das despedidas e, de algunha que outra bágoa por parte das nosas mamás, puxémonos en marcha dirección “O Rexo”, unha granxa escola que se atopa en Allariz. Unha vez alí, uns monitores moi simpáticos amosáronnos o que facían día a día.
Coñecemos a un granxeiro e as súas ovellas e tamén a Manolito, un año que estaba un pouco maliño pero ben seguro que cos nosos mimos e coidados agora estará moito mellor. Tamén tivemos a oportunidade de ver como fan o queixo e de acariciar ó can Morito, un mastín que coida do rebaño.
Despois de tanta actividade e de botar unhas carreiras polo campo, chegou o momento de repoñer forzas cuns bocadillos moi ricos que nos trouxeron da escola. E como todo chega ó seu fin, subimos no autobus e faltounos tempo para botar unha cabezadiña.
Esperamos que para o próximo ano os nosos compañeiros e compañeiras teñan a sorte de pasalo tan ben coma nós.
“O Rexo”
Publicado en Xuño | 4 Comentarios »
Escrito por barrocas, o 29 Xuño 2011 13:16
As aulas das Gaitas, Maracas e Pandeiretas adicamos os últimos días do mes de maio ós medios de transporte. Coloreamos coches e peatóns…

construímos globos aerostáticos…

fixemos un tren, un barco e ata semáforos comestibles!!!


Pasámolo moi ben pero o que máis non gustou sen dúbida, foi a asistencia a “1ª Concentración Moteira de Barrocás”, trouxemos as nosas motos, bicis, quads e coches e… a correr!!!
Concentración Moteira da E.I.Barrocás
Publicado en Xuño | Non hai comentarios »
Escrito por barrocas, o 9 Xuño 2011 10:24
Os Axóuxeres, as Trompetas e os Xilófonos estiveron estas semanas descubrindo tódalas propiedades dos alimentos máis comúns da súa dieta diaria.
Para elo inspirámonos na pirámide alimenticia e, así, coñeceron unha pescada crúa, probaron paliños de cangrexo, lácteos, froitas, ovos, aceite, verduras… e, para rematar con bo sabor de boca, un suculento prato de pasta.
Os Axóuxeres
As Trompetas
Os Xilófonos
Publicado en Xuño | Non hai comentarios »