Arquivos da categoría ‘novembro’

Despedimos a Alba e a Carlota…

Escrito por barrocas, o 22 Decembro 2011 16:03

Alba e Carlota estiveron connosco estos últimos dous meses, viñeron a facer as prácticas a nosa escola e dende aquí mandámoslle un cariñoso saúdo.

Velaquí van algunhas imaxes do seu percorrido pola escola:

Na aula dos chinos Carlota preparou unha actividade na que os chineses e chinesas decoraron unha camiseta e o resultado foi moi bo.

Alba, nas aulas dos máis pequenos/as participou ensinándonos a facer pan.

Que teñades sorte e vos vaia todo moi ben!!!

Coñecemos o millo!!

Escrito por barrocas, o 21 Decembro 2011 18:57

Adicamos toda unha semana a coñecer o millo e todo o que se pode facer con el. Primeiro manipulámolo e falamos das súas características (color, textura, tamaño…), logo aprendimos a sacar os graos da mazorca e todo o que se pode facer con eles   ( fariña, palomitas…). E tamén fixemos un debuxo para decorar a aula e de paso axúdanos a afianzar os novos conceptos:

A fariña do millo sérvenos para facer ricos biscoitos, pan e unha morea de cousas máis. Nesta ocasión preparamos pan de millo, e aínda que non nos quedou moi bo resultado, desfrutamos moito facendoo e a próxima quedaranos mellor sen dúbida.

O mes de novembro na aula dos malgaches

Escrito por barrocas, o 21 Decembro 2011 18:30

Este mes na aula dos malgaches coñecimos a dous animais moi curiosos: o primeiro foi o xabarín, o cal poidemos ver contando Akuna Matata cun gran león, é curioso porque se parece a o noso porquiño de sempre pero dixéronnos que tiña uns colmillos fortes e un pelo pincho…
Mirade como quedaron os nosos xabaríns!!

Despois, grazas ao conto de Carolina e os caracois, aprendemos que estes pequenos animaliños botan os corniños a tomar o sol e que os seus pais viaxan a Ferrol!!! e para facer a casa  que levan enriba os caracois ocorreusenos  pelar cacahuetes e facerlle coas cáscaras a súa cuncha, tamén moldeamos e pintamos:

Como ben sabedes, Madagascar é unha illa rodeada de mar e no noso mural non podían faltar os barquiños para a nosa praia.

Sabedes de onden saen as palomitas e o pan?? Pois nos sí: do millo. Gustounos moito degranalo e coa súa fariña facer uns boliños de pan, aída que nos pasamos de coción e quedaron un pouco duros, pero seguro que para a próxima xa somos uns expertos/as:

Pero non pensedes que só fixemos isto, houbo moitas máis cousas, e sobre todo tempo para xogar, para a música e para a aprendizaxe cos puzzles:

E con isto despedímonos ata o próximo mes!!

DÍA INTERNACIONAL DOS DEREITOS DA INFANCIA

Escrito por barrocas, o 14 Decembro 2011 15:40

O pasado 20 de novembro en Conmemoración ao día Internacional dos Dereitos do Neno/a, os máis maiores da escola preparamos un mural intercultural onde representamos un neno ou nena de cada país aos que adicamos este ano as nosas aulas:

Traballamos moito para que nos quedara tan bonito, e a pesar de que nos foi algo difícil, xa sabemos diferenciar os chineses, os gregos, os malgaches e tamén os indios…

Algúns dos dereitos do neno/a son:

1. Dereito ao descanso, o esparcimento, o xogo e as acatividades recreativas.

2. Dereito á liberdade de expresión e a compartir os seus puntos de vista con outros.

3. Dereito a un nome e a unha nacionalidade.

4. Dereito a unha familia.

5. Dereito á protección durante os conflictos armados.

6. Dereito á liberdade de pensamento, conciencia e relixión.

7. Dereito á protección contra o descuido ou o trato neglixente.

8. Dereito á protección contra o traballo infantil e contra a explotación económica en xeral.

9. Dereito á información axeitada.

10. Dereito a participar plenamente na vida cultural e artística.

11. Dereito ao máis alto nivel posible de saúde.

12. Dereito á educación.



CARACOL, COL, COL…

Escrito por barrocas, o 14 Decembro 2011 15:06

A pasada semana as nosas profes ensináronnos un montón de cousas sobre os caracois, coñecimos tamén o divertídisimo conto de “Carolina e os caracois” e para que nos quedase ben clariño o que é un caracol que mellor que facer un coas nosas propias mans. Primeiro pintamos unha cáscara de noz de diferentes cores para que quedasen máis divertidos, ollade:

Logo de pintar a noz, preparamos o corpo cun churro de plastilina:

E agora podedes comprobar vos mesmos que bos foron os resultados obtidos:

Tamén fixemos uns caracois moi fermosos para decorar as nosas aulas e ao tempo practicamos novas técnicas artísticas e reforzamos as que xa coñecemos:

O CESTO DOS TESOUROS

Escrito por barrocas, o 14 Decembro 2011 15:05

Para os máis pequenos/as é unha mina de sensacións: obxectos familiares que xeralmente, no seu día a día, non se lles permite manipular.

EXPLORANDO OS SONS

Escrito por barrocas, o 14 Decembro 2011 15:04

Aos nenos/as gústalles moito a música, pero sempre se lles da feita, por suposto básico e sinxelo, “encántalles” escoitar como eles mesmos son capaces de facer sons.