Arquivos da categoría ‘Outubro’
Escrito por barrocas, o 24 Novembro 2011 15:00
A noite do 31 de outubro festéxase en toda Galicia a noite dos mortos: ¡A NOITE DO SAMAÍN!
Unha das características principais desta festa é vaciar as cabazas co fin de elaborar unhas “lanternas” e así nesta noite de medo alumear os cruces dos camiños.
Como non, de seguida nos puxemos a preparar as nosas cabazas. Cada aula fixo a súa e para poñerlle un selo propio, puxémoslle algún rasgo característico do país ao que representamos.
Velaquí a que fixeron os gregos:

A que fixeron os chineses:

A dos indios:

A dos inuits:

A dos árabes:

A dos pequequenos mexicanos:

E a dos malgaches:

Ademais o 31 de decembro tivemos unha festa terrorífica… aos maiores as profes maquilláronnos de tal xeito que dábamos verdadeiro medo, ollade:



Aos máis pequenos, as profes dixéronnos que tiñamos que vir vestidos de branco, e sabedes por que?

Porque así de guapos/as asistimos as pequenas pantasmas a unha festa de medoooo!!!

Que medo!!!

Pola tarde, ademais de maquillarnos de xeito terrorífico, xogamos cunhas figuriñas que alumeaban na escuridade…

Publicado en CURSO 2011-2012, Outubro | 6 Comentarios »
Escrito por barrocas, o 15 Novembro 2011 15:32
Durante este mes de outubro tivemos a oportunidade de ver como o tempo ía cambiando. Os días voltáronse máis fríos e ata as nubes tornaron a súa cor branca nunha cor gris e deixaron escapar esa tan ansiada choiva.
Nas aulas dos máis pequenos/as estivemos manipulando e observando algúns froitos e obxetos relacionados con esta época do ano.
Tamén tivemos oportunidade de coñecer e probar diferentes froitos desta estación do ano (pera, marmelo, mazá…).









Publicado en CURSO 2011-2012, Outubro | 1 Comentario »
Escrito por barrocas, o 15 Novembro 2011 15:31
O outono xa chegou!!! Os paxaros marchan, os días son máis curtos, comeza o frío, as follas caen…
Todos percibimos estos cambios que trae consigo o outono, ademais, tamén nos achega moitos froitos que se recollen nesta época, así que aproveitamos para manipular e probar algúns deles, tamén follas secas e entorno a estos elementos e outros imos facendo o noso mural do outono e aprendendo cousiñas novas todos os días e divertíndonos moito ao mesmo tempo. Estas son algunhas das actividades que fixemos no grupo 2-3 durante este mes de outubro:
Degustamos mazás crúas e asadas.

Fixemos unha árbore para o mural do outono.

Coloreamos e pegamos gomets nun paraugas.

Manipulamos diferentes elementos naturais típicos do outono.

Pintamos de gris unhas nubes para o mural.

Pegamos papeis nun chuvasqueiro.

Pintamos con diferentes técnicas artísticas.

Pintamos e pegamos papel de seda nun xabarín para o mural.

Pintamos de cor verde unha ra.

Fixemos puzzles.

Xogamos coa plastilina.

Publicado en CURSO 2011-2012, Outubro | Non hai comentarios »