Arquivos da categoría ‘Setembro’

A VENDIMA

Escrito por barrocas, o 20 Outubro 2011 13:51

A finais do mes de setembro, na escola viviuse unha xornada de moito traballo para os pequenos e pequenas vendimadores/as…

Primeiro preparamos todas as uvas que nos achegaron as familias e logo puxéronse mans a obra, ou mellor dito pés, para pisalas e deixalas ben esmagadiñas e así ver como saía o saboroso zume, que logo probamos para recuperar folgos despois de tanto traballar!!!

México:

Arabia:

Groenlandia:

China:

Grecia:

Canadá:

Madagascar:

IR AO COLE POR PRIMEIRA VEZ!!!

Escrito por barrocas, o 3 Outubro 2011 14:15

Como viven esta experiencia os nenos e nenas? e as súas familias? que supón este momento tan especial? un día grande, un pesadelo, unha festa, un shock terrible de novidades? En fin, é verdade que pode ser todo iso. O inicio na escola é un momento moi cargado de emocións e da pé a reaccións moi diferenciadas, segundo as características das persoas. Non cabe dúbida que se trata dunha fase da vida moi importante para as familias, para os nenos e as nenas e para as propias escolas.

Ahí vos van esos difíciles primeiros días recollidos en imaxes:

COMEZAMOS NOVO CURSO!!!

Escrito por barrocas, o 14 Setembro 2011 14:16

Ao igual que en anos anteriores, este novo curso, ademáis de traernos novos compañeiros e compañeiras, e chegar coas pilas recargadas despois dunhas merecidas vacacións, tamén nos trae unha nova temática: países do mundo.

A finalidade principal desta temática é coñecer as distintas culturas e costumes dos países aos que representamos, así como a nosa propia.

Os países aos que representa cada unha das aulas, son os seguintes:

  • Aula 0-1: México

  • Aula 1-2: Arabia

  • Aula 1-2: Groenlandia.

  • Aula 2-3:Canadá

  • Aula 2-3: China

  • Aula 2-3: Grecia

  • Aula 0-3 (quenda de tarde): Madagascar.