XIANA CUMPRIU DOUS ANIÑOS!!
Publicado por Equipo Educativo en Sen clasificar o 21 de Maio do 2012 | Sen comentarios »Etiquetas: ANIVERSARIOS
Durante este mes, no aula “Os Trasnos” realizamos unha morea de actividades tratando diversos conceptos como: as cores, os elementos de hixiene, as nocións espaciais enriba debaixo, contos, cancións, etc. Algunhas das actividades mais destacadas foron:
· Psicomotricidade grosa: traballamos a nosa psicomotricidade realizando complicados circuítos …
· Enriba - debaixo: traballamos as nocións enriba e debaixo, colocando varios obxectos enriba ou debaixo do moble, as crianzas tiñan que obedecer as consignas dadas, como por exemplo: colle o elefante e pono debaixo do moble,…
· O Recuncho dos elementos de hixiene: durante este mes estivemos a traballar os elementos de aseo, para elo contamos coa colaboración das familias para que cada crianza trouxera un cepillo, unha toalla, un bote de xabón ou champú, etc… así elaboramos este recanto no que o alumnado gozou e coñeceu os diversos utensilios de baño e no que se realizaron unha morea de actividades como: Recoñecemento dos diferentes elementos de aseo; Aprender o seu nome; Asociación do xoguete coa súa imaxe; xogo simbólico …
Como sempre moitas grazas as familias pola súa colaboración.
Durante o mes de abril na aula das meigas traballamos moito, coa chegada da primavera quixemos pintar unhas fermosas bolboretas coma a do conto da eiruga.
Neste mes tamén celebramos a semana da prensa así que puxémonos a ler o periódico e cando nos cansamos pois as noticias eran algo aburridas xogamos con eles, fixemos sombreiros, barquiños..
Despois decidimos que aínda así non nos gustaban nada de nada e resgámolos en anacos pequeniños. Pero como somos moi aproveitados eses anacos servíronnos para pegar dentro da figura dun cadrado.
Aínda que esta primavera chove moito e non hai flores nos decidimos que nos gustaban moito así que quixemos pintar unhas fermosas flores.
As crianzas ven constantemente a luz, as sombras … pero non se paran a pensar que é “iso”, así que por medio do xogo, proxectado a luz da lanterna en distintas superficies, asi como a súa sombra, imos a ver que é o que saben e o que é mais importante: que descobren?.
O obradoiro foi todo un éxito, xa que os nenos e nenas gozaron un montón.