A SEMANA DO LIBRO

Ola de novo!!!

Na escola celebramos a semana do libro. Tivemos moitísima sorte porque durante esa semana viñeron as nosas familias a contarnos contos á escola. Que divertido foi ver a papá e mamá escenificando e facendo rir ós nosos compañeiros e compañeiras. Ademais tamén puidemos ir á biblioteca de Salceda onde nos atenderon estupendamente e nos prepararon unhas actividades super divertidas.

Ohhhhh cantos libros había alí, nunca miraramos tantos xuntos.

Mirade as fotos.

Papis e mamis, que emocionante. Na escola incubamos ovos de pito e de parrulo. Foi unha larga espera, tivemos que coidalos diariamente, humedecelos e vixiar que todo fose ben. Pero finalmente o milagro da vida chegou e naceu un pito e cinco parrulos.

Aquí vos deixamos as fotos dos nosos novos amiguiños.

Ola familias:

Nos meses de xaneiro e febreiro estamos cheos de aniversarios e decidimos subilos todos xuntos.

Na aula dsas guitarras, Sabela, Carlota e Daniel acaban de cumprir xa un aniño, como medran…

Na aula dos tambores Daniel, Xinyi, Naia, Antonio, Gonzalo e Adrián acaban de cumplir dous aniños, xa son moi maiores.

Na aula das pandeiretas Eva estivo de aniversario, é a máis grande da clase e xa ten tres anos.

Na aula das trompetas Brais, Uxía, Claudia, Lucas, Marcos, Pilar, Ares, Melina, Teo e Yeray xa cumpliron tres anos, son os maiores do cole, guauuuuu

Parabéns pequenas e pequenos, que crezades con saúde e cumprades moitíiiiiiiisimos máis. Biquiños de todas as profes.

Muaccc

Ola familias:

Xa fai un tempiño que a aula das guitarras non subía nada ó blogue e hoxe queremos comezar dando a benvida  e presentándovos a unha nova amiguiña que se chama Lúa. É moi pequerrechiña, soamente ten catro mesiños e aínda se está adaptando a todos nós.

Agora que xa pasamos o periodo de adaptación,  xa somos máis grandiños e estamos preparados-as para facer outro tipo de actividades a través das cales experimentamos con obxectos de uso cotiá, con diferentes texturas e materiais a través do  noso corpo. Por outra banda tamén poidemos experimentar a sensación do balanceo e das plumas acariciando o noso corpo.

Antes de despedirnos non queremos deixar de darvos as grazas pola vosa colaboración sempre que as nosas profes volo piden.

FESTA DE NADAL

O nadal xa rematou pero na escola este ano viviuse con moita intensidade. Primeiro porque a decoración do centro foi realizada polas familias que a través dun taller de pais fixeron todo tipo de adornos de nadal e tamén os colocaron polo patio. A verdade é que traballaron moito e se merecen un recoñecemento pola nosa parte polo seu esforzo. Grazas familias.

Despois como todos os anos celebramos na escola a festa de nadal. Este ano tamén tivemos a visita do Pai Nadal e además as profes nos prepararon un precioso conto no teatriño de sombras, “Cando Martiño tivo ganas de mexar na noite de Reis”, co que cantamos todos xuntos iso de “O tren de Martiño, chu, chu, chu…”

Para finalizar comemos e bailamos ata o final. Pasámolo moi ben todos xuntos coas nosas familias. Grazas papis e mamis por compartir con nós un pedaciño da nosa vida escolar.

ANIVERSARIOS NOVEMBRO E DECEMBRO

Queridas familias, aquí vos deixamos as fotos das crianzas que estiveron de aniversario nos meses de novembro e decembro.

Son nenos e nenas da clase das pandeiretas que cumpliron 2 aniños. Parabéns para Aïcha, Sergio, Miguel e Matías

Un biquiñoooooo!!!

TRABALLIÑOS DO GRUPO TARDE

Ola a todos e a todas, aquí estamos o grupo da tarde para presentarnos, que xa era hora!!!

Aínda que á maioría de nós xa nos coñecedes porque estamos nos grupos da mañá, queremos presentarvos a Xacobe que é un compañeiro que acaba de incorporarse recentemente á escola.

Pola tarde somos un grupo mixto e o ritmo na escola varía moito en comparación co da mañá.

Moitas das actividades que realizamos facémolas todos xuntos e cada día os bebés son máis activos, autónomos e gústalles participar nas actividades con nós.

Ós maiores tamén nos gusta moito coidar deles  e sempre estámos moi pendentes de que non lles pase nada, así nos sentimos grandes e estamos encantados.

Aquí vos deixamos unha pequena mostra do que facemos na escola. Esperamos que vos guste e atas a próxima…

Así coñecemos o noso corpo…

Esta é a primeira vez que o grupo das trompetas subimos fotos das actividades que levamos a cabo na aula, somos os maiores do cole e aínda que nos custou un pouquiño arrincar, o período de adaptación xa está máis que rematado e por fin gozamos de cada momento da xornada.

Estivemos traballando o Outono mediante diferentes actividades ( a vendima, vaciado de cabazas, manipulación  de follas e froitos, o magosto…) pero esta unidade xa finalizou e agora tócanos coñecer o noso corpo.

Que mellor forma de coñecer o noso corpo que a través da experimentación co mesmo. Para isto as nosas profes nos propuxeron diferentes acticividades. Un día maquillamos a nosa cara, diferenciando as diferentes partes da mesma, algúns pintáronse os beizos, outros os ollos, o nariz,,,,e algún/algunha máis atrevido/a pintouse toda a cara!! Tamén nos pintamos as unllas das mans que sen dúbida foi a parte que máis nos gustou pintar, tanto que algún de nós non as quixo borrar en toda a semana, tendo medo incluso a lavar as mans por se se borraban!

Certo día chegamos a aula e a profe mandounos espir, non sabíamos moi ben para que. A aula estaba diferente do resto dos días, había moito espazo libre e soamente había uns papeis no chan, outro na parede e unhas bandexas con pintura de diferentes cores. Non había nin pinceis, nin rodillos, nin nada,,,,entón..con que pintamos?? Co noso corpo?? Pois sí, estas profes tolearon!! Ó principio algún de nós estaba un pouco cohibido pero pronto nos soltamos e gozamos da actividade como o que máis. Comezamos pintando as mans, seguimos por diferentes partes do noso corpo,comprobando que a nosa pel ía cambiando de cor, pintamos as costas dos nosos compañeiros (eles mesmos non podían), mostrando respecto cara ós compañeiros/as os que non lles apetecía pintarse, plasmamos as nosas mans e os nosos pés no papel, se pisábamos no chan deixábamos pegadas. Foi moi divertido!! E despois de todo isto unha ducha ben quentiña.

TRABALLAMOS O OUTONO

Os/as nenos/as da AULA DAS PANDEIRETAS querémosvos dar a benvida a todos e a todas.

Na aula de 2-3 pequenos, foron moitas as cousas que fixemos dende que se iniciou o curso. Unha vez, pasado o periodo de adaptación, que por certo, a algún e a algunha de nós, nos custou un pouquiño, comezamos a traballar O OUTONO.

Dentro deste tema, traballamos moitas cousas e fixemos diferentes actividades, as máis destacables foron estas:

  • Na vendima, pisamos as uvas descalzos/as.
  • Manipulamos follas e probamos diferentes froitos desta época, como as castañas, noces,…ESTABAN RIQUÍSIMOS!!!
  • Traballamos coa cor amarela, celebramos o magosto e, tamén, o samaín.
  • Xogamos e manipulamos o millo. Sen dúbida, esta foi unha das actividades que máis nos gustaron e na que todos e todas nos implicamos moito.Unha vez debullado o gran das espigas, manipulámolo facendo transvases, vaciamos, enchemos…en todo tipo de recipientes(botes, vasos,…).

Esperamos que vos gustase e non queremos despedirnos sen darvos as grazas, porque sempre estades dispostos a axudarnos cando pedimos a vosa colaboración.

Un saúdo e ATA A PRÓXIMA!!

Ola familias:

Aquí estamos de novo para felicitar os/as cativos/as que estiveron de aniversario este pasado mes de outubro.

Na AULAS DOS TAMBORES cumpriu 1 aniño Asier e celebrámolo cos seus compis aínda que nos custou poñerlle a coroa, xa que non quería nada na cabeza.

Por otra banda tamén cumpriron anos tres cativos da AULA DAS PANDEIRETAS, os cales sopraron as velas en compañía dos seus amiguiños. Estes tres cativos son: Eric, Alex e Alejandro. Por certo, sabedes cantos anos cumpriron? Pois xa cumpriron 2 anos.

Para todos eles PARABÉNS.