“UN CONTACONTOS DIFERENTE”
09 Dec 2010
O venres pasado tivemos na escola unha visita moi interesante. Representando á asociación de persoas xordas de Vigo estivo Camilo, unha persoa xorda que representou un contacontos en linguaxe de signos. O conto se chamaba: “O culete independente” e Camilo nos contou a historia de César, un neno que era un pouco desobediente coa súa nai e debido a esto o seu culete marchou porque estaba canso de levar cachetes.
Os pequenos e pequenas estaban moi interesados na súa xesticulación, á vez que unha intérprete traducía con palabras os seus xestos.
Ó final do conto Camilo ensinoulles os nosos pequechos e pequechas a falar con signos palabras como mamá, papá, for favor, grazas, polo e como non a aplaudir como aplauden as persoas xordas.
Temos que dicir que as crianzas son moi listas e aprenderon rápido.
Dende a escola queremos mandar un agradecemento a esta asociación que está a facer unha gran labor de sensibilización cara este colectivo.














