TRABALLAMOS O OUTONO

Os/as nenos/as da AULA DAS PANDEIRETAS querémosvos dar a benvida a todos e a todas.

Na aula de 2-3 pequenos, foron moitas as cousas que fixemos dende que se iniciou o curso. Unha vez, pasado o periodo de adaptación, que por certo, a algún e a algunha de nós, nos custou un pouquiño, comezamos a traballar O OUTONO.

Dentro deste tema, traballamos moitas cousas e fixemos diferentes actividades, as máis destacables foron estas:

  • Na vendima, pisamos as uvas descalzos/as.
  • Manipulamos follas e probamos diferentes froitos desta época, como as castañas, noces,…ESTABAN RIQUÍSIMOS!!!
  • Traballamos coa cor amarela, celebramos o magosto e, tamén, o samaín.
  • Xogamos e manipulamos o millo. Sen dúbida, esta foi unha das actividades que máis nos gustaron e na que todos e todas nos implicamos moito.Unha vez debullado o gran das espigas, manipulámolo facendo transvases, vaciamos, enchemos…en todo tipo de recipientes(botes, vasos,…).

Esperamos que vos gustase e non queremos despedirnos sen darvos as grazas, porque sempre estades dispostos a axudarnos cando pedimos a vosa colaboración.

Un saúdo e ATA A PRÓXIMA!!

TrackBack URI | RSS para os comentarios desta anotación

2 Comentarios

  1. 1 Tamara
    2011 Nov 11

    Unhas actividades moi ben traballadas. Un pracer poder contribuir ca miña axuda, seguide así, sodes un equipo estupendo :D
    PD: a ver se me paso pronto a darvos unha visitiña!!

  2. 2 María
    2011 Nov 25

    Moitas grazas polo voso traballo.Aínda alucino co moito que progresou Xandre neste tempo.Unha aperta!


Deixar un comentario

Imaxe
Nova imaxe Actualizar imaxe