TRABALLIÑOS DO GRUPO TARDE
13 Dec 2011
Ola a todos e a todas, aquí estamos o grupo da tarde para presentarnos, que xa era hora!!!
Aínda que á maioría de nós xa nos coñecedes porque estamos nos grupos da mañá, queremos presentarvos a Xacobe que é un compañeiro que acaba de incorporarse recentemente á escola.
Pola tarde somos un grupo mixto e o ritmo na escola varía moito en comparación co da mañá.
Moitas das actividades que realizamos facémolas todos xuntos e cada día os bebés son máis activos, autónomos e gústalles participar nas actividades con nós.
Ós maiores tamén nos gusta moito coidar deles e sempre estámos moi pendentes de que non lles pase nada, así nos sentimos grandes e estamos encantados.
Aquí vos deixamos unha pequena mostra do que facemos na escola. Esperamos que vos guste e atas a próxima…

















Deixar un comentario