Ola de novo!!!
Na escola celebramos a semana do libro. Tivemos moitísima sorte porque durante esa semana viñeron as nosas familias a contarnos contos á escola. Que divertido foi ver a papá e mamá escenificando e facendo rir ós nosos compañeiros e compañeiras. Ademais tamén puidemos ir á biblioteca de Salceda onde nos atenderon estupendamente e nos prepararon unhas actividades super divertidas.
Ohhhhh cantos libros había alí, nunca miraramos tantos xuntos.
Mirade as fotos.
Papis e mamis, que emocionante. Na escola incubamos ovos de pito e de parrulo. Foi unha larga espera, tivemos que coidalos diariamente, humedecelos e vixiar que todo fose ben. Pero finalmente o milagro da vida chegou e naceu un pito e cinco parrulos.
Aquí vos deixamos as fotos dos nosos novos amiguiños.
O venres pasado tivemos na escola unha visita moi interesante. Representando á asociación de persoas xordas de Vigo estivo Camilo, unha persoa xorda que representou un contacontos en linguaxe de signos. O conto se chamaba: “O culete independente” e Camilo nos contou a historia de César, un neno que era un pouco desobediente coa súa nai e debido a esto o seu culete marchou porque estaba canso de levar cachetes.
Os pequenos e pequenas estaban moi interesados na súa xesticulación, á vez que unha intérprete traducía con palabras os seus xestos.
Ó final do conto Camilo ensinoulles os nosos pequechos e pequechas a falar con signos palabras como mamá, papá, for favor, grazas, polo e como non a aplaudir como aplauden as persoas xordas.
Temos que dicir que as crianzas son moi listas e aprenderon rápido.
Dende a escola queremos mandar un agradecemento a esta asociación que está a facer unha gran labor de sensibilización cara este colectivo.