Arquivado en: Aniversarios

Ola familias:

Nos meses de xaneiro e febreiro estamos cheos de aniversarios e decidimos subilos todos xuntos.

Na aula dsas guitarras, Sabela, Carlota e Daniel acaban de cumprir xa un aniño, como medran…

Na aula dos tambores Daniel, Xinyi, Naia, Antonio, Gonzalo e Adrián acaban de cumplir dous aniños, xa son moi maiores.

Na aula das pandeiretas Eva estivo de aniversario, é a máis grande da clase e xa ten tres anos.

Na aula das trompetas Brais, Uxía, Claudia, Lucas, Marcos, Pilar, Ares, Melina, Teo e Yeray xa cumpliron tres anos, son os maiores do cole, guauuuuu

Parabéns pequenas e pequenos, que crezades con saúde e cumprades moitíiiiiiiisimos máis. Biquiños de todas as profes.

Muaccc

ANIVERSARIOS NOVEMBRO E DECEMBRO

Queridas familias, aquí vos deixamos as fotos das crianzas que estiveron de aniversario nos meses de novembro e decembro.

Son nenos e nenas da clase das pandeiretas que cumpliron 2 aniños. Parabéns para Aïcha, Sergio, Miguel e Matías

Un biquiñoooooo!!!

Ola familias:

Aquí estamos de novo para felicitar os/as cativos/as que estiveron de aniversario este pasado mes de outubro.

Na AULAS DOS TAMBORES cumpriu 1 aniño Asier e celebrámolo cos seus compis aínda que nos custou poñerlle a coroa, xa que non quería nada na cabeza.

Por otra banda tamén cumpriron anos tres cativos da AULA DAS PANDEIRETAS, os cales sopraron as velas en compañía dos seus amiguiños. Estes tres cativos son: Eric, Alex e Alejandro. Por certo, sabedes cantos anos cumpriron? Pois xa cumpriron 2 anos.

Para todos eles PARABÉNS.

ANIVERSARIOS SETEMBRO

Como non pode ser doutro xeito aínda que estemos no periodo de adaptación, celebramos os aniversarios do mes de setembro por tódolo alto.

Cumpriron dous aniños os pequechos de 2-3:

María que aínda que chora moito ese día estivo a altura das circunstancias e gozou do seu día.

Ainoa e domingo que fan unha parelliña moi graciosa. Hai que ver o que lle gustou a tarta a Ainoa.

Parabéns pequecho e pequechas.