Ola familias:
Xa fai un tempiño que a aula das guitarras non subía nada ó blogue e hoxe queremos comezar dando a benvida e presentándovos a unha nova amiguiña que se chama Lúa. É moi pequerrechiña, soamente ten catro mesiños e aínda se está adaptando a todos nós.
Agora que xa pasamos o periodo de adaptación, xa somos máis grandiños e estamos preparados-as para facer outro tipo de actividades a través das cales experimentamos con obxectos de uso cotiá, con diferentes texturas e materiais a través do noso corpo. Por outra banda tamén poidemos experimentar a sensación do balanceo e das plumas acariciando o noso corpo.
Antes de despedirnos non queremos deixar de darvos as grazas pola vosa colaboración sempre que as nosas profes volo piden.




















































